Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41561

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal convocado pola Orde do 23 de xuño de 2021.

No DOG núm. 127, do 6 de xullo de 2021, publícase a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal.

Con data do 8 de xullo, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abre o prazo de presentación de solicitudes. Finalizado o dito prazo e de acordo co establecido na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal convocado pola Orde do 23 de xuño de 2021 (DOG núm. 127, do 6 de xullo).

A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo I a esta resolución.

A listaxe provisional de persoas aspirantes non exentas da realización da proba de coñecementos de lingua galega figura como anexo II a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión. Disporán do mesmo prazo as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos de lingua galega para emendar o defecto que motivou a non exención da realización da dita proba.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo da súa exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 17 de agosto de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas

NIF

Apelidos e nome

Motivo da exclusión (Cód.)

***4523**

Arias Díaz, Sandra

2

***0907**

Domínguez García, Tania

3

***8146**

Feijoo López, Rocío

3

***0000**

Lema Arén, Daniel

1

***8142**

Martínez Moure, Telmo

1

***5730**

Vidal Paredes, Javier María

4

Causas de exclusión

Cód.

Descrición

1

Non presenta xustificante de aboamento da taxa

2

Xustificante de aboamento da taxa incorrecto ou incompleto

3

Non ten ou non foi posible consultar a titularidade dos permisos de conducir.
Debe presentar documentación acreditativa

4

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais.
Debe presentar documentación acreditativa

ANEXO II

Listaxe provisional de persoas aspirantes non exentas da realización
da proba de coñecementos da lingua galega

NIF

Apelidos e nome

***7959**

Alejandro Durán, Iván

***7589**

Álvarez Vázquez, Roberto

***8764**

Dacruz Conde, Antonio

***6223**

Fernández Pérez, Samuel

***7653**

González Comesaña, Jonathan

***5087**

Otero Anido, Alberto

***9687**

Pérez Larrea, Breixo

***5121**

Ramiro Pérez, Óscar

***3040**

Rey García, Cristian

***2430**

Rodríguez López, Evelyn del Carmen

***2510**

Vidal Sobrín, Marta