Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41769

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 14 de xullo de 2021 pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do 23 de xullo, convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Na citada resolución advertíronse os seguintes erros que cómpre corrixir:

Na páxina 37759, onde di: «7. Para os efectos previstos na base V.4.3.2...», debe dicir: «5. Para os efectos previstos na base V.4.3.2...».

Na páxina 37760, onde di: «8. Solicitude condicionada...», debe dicir: «6. Solicitude condicionada...».

Na páxina 37760, onde di: «9. As solicitudes de participación vincularán...», debe dicir: «7. As solicitudes de participación vincularán...».

Nas páxinas 37774 a 37776, no anexo I de prazas que se ofertan, nos postos 34 a 55 na columna Corpo/escala, onde di: «XMF2, XMF2», debe dicir: «XMF2, XSF2».

Esta corrección da adscrición destes postos a corpos e escalas distintos da indicada na publicación inicial, xunto coa coincidencia do período de presentación de solicitudes de participación coa época estival, aconsellan ampliar os prazos establecidos na Resolución do 14 de xullo de 2021 para a presentación das solicitudes de participación polas persoas interesadas.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, e ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar en 10 días hábiles o prazo disposto para a presentación de solicitudes de participación no concurso convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021. O devandito prazo rematará o 13 de setembro de 2021.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública