Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto técnico.

Acordo da Xunta de Goberno local do 20 de xullo de 2021 referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia núm. 139, do 26 de xullo de 2021, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de arquitecto técnico pertencente ao grupo A, subgrupo A2, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, baixo a denominación 1 arquitecto técnico, da oferta de emprego público de 2020 publicada no BOP núm. 60, do 31 de marzo de 2021, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Porto do Son, 28 de xullo de 2021

José Luis Oujo Pouso
Alcalde