Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 19 de agosto de 2021 Páx. 41799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións.

O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria do día 27 de maio de 2021, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación do Plan especial de infraestruturas e dotacións, PEID, na travesía da Moa, no Milladoiro.

De conformidade co artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, xunto coa publicación deste acordo publicaranse os seguintes datos:

1º. O enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público: https://www.concellodeames.gal/gl/transparencia/consulta-publica-2021

2º. A indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan. Para tal efecto, no anexo VI do PEID disponse:

«O proxecto que desenvolva a edificación proposta terá que incorporar a necesidade de realizar unha reportaxe fotográfica que mostre a evolución do ámbito. Vixiaranse a contaminación acústica, a contaminación atmosférica, o sistema hidrolóxico e a xeración de residuos e vertidos».

3º. Cando proceda, o extracto elaborado con carácter previo á aprobación do documento, que incluirá os seguintes aspectos (PEID, anexo VI):

a) A xustificación da integración no plan dos aspectos ambientais:

«O PEID propón o mantemento da vexetación autóctona da parcela que sexa compatible co espazo edificado. Evítase o uso de iluminación e mobiliario de tipoloxías urbanas nos espazos libres de lecer. Mantense o estado natural dos terreos con plantación de arboredo».

b) A xustificación de como se tomaron en consideración no plan o estudo ambiental estratéxico, os resultados da información pública e das consultas e a declaración ambiental estratéxica, así como, se é o caso, as discrepancias xurdidas no proceso:

«O PEID recolle as medidas necesarias para a súa adecuación no territorio en materia de topografía, hidrografía, patrimonio, desenvolvemento sustentable, paisaxe, recursos forestais ou agrolóxicos».

c) As razóns da elección da alternativa seleccionada, en relación coas alternativas consideradas:

Núm. alternativa

Vantaxes

Inconvenientes

Alternativa 0

Non se atopan

O espazo, de marcado carácter urbano, quedaría sen desenvolver, e o concello de Ames non podería dispoñer dunha dotación tan importante como é a dunha residencia para persoas maiores.

Alternativa 1

Non se atopan

Posibilítase a construción do primeiro centro para persoas maiores no concello de Ames nun ámbito cun marcado carácter urbano que fai posible a axeitada relación dos maiores coa súa contorna urbana.

Ames, 19 de xullo de 2021

José Blas García Piñeiro
Alcalde