O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 8 de xullo de 2021, acordou aprobar inicialmente o documento Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do Plan especial de mellora e desenvolvemento L41 Feáns II. Documento para aprobación inicial. Xuño 2021, redactado pola Oficina de Planeamiento, S.A., e asinado polo arquitecto Alfonso Díaz Revilla e a avogada Delfina Losa García.
En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 144.6 e 207 do seu Regulamento (Decreto 143/2016), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.
O contido íntegro da modificación aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es; na páxina web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «Exposición pública»; ou ben, desde a mesma web, a través do visor «Desenvolvemento do Planeamento».
A Coruña, 14 de xullo de 2021
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo


