En cumprimento do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do Regulamento da Lei 2/2016, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG), infórmase que o Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xullo de 2021, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Rexeitar as alegacións presentadas por Rubén Riveiro Ayra, con rexistro de entrada o 30.9.2018, 2018-E-RE-1383, e María Beatriz González López e quince máis, con rexistro de entrada o 5.10.2018, 2018-E-RE-1428.
Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido pola mercantil Desarrollos Urbanísticos Playa de Arealonga, S.L., representada por Óscar Mon Seijas, na zona da praia de Arealonga-Chapela, de acordo co documento de estudo de detalle asinado o 3 de novembro de 2020 polo arquitecto Simón Pereiro (Pereiro Arquitectos, S.L.P.), adaptado ao título III das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
Terceiro. Notificar o acordo á promotora e aos titulares catastrais dos terreos afectados polo estudo de detalle, así como ás persoas que presentaron os escritos de alegacións.
Cuarto. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
Quinto. Comunicarlle á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a aprobación definitiva do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei».
O contido íntegro do estudo de detalle poderase consultar na web do Concello de Redondela: www.redondela.gal, Área de urbanismo, Planeamento e Desenvolvemento.
Contra o acordo de aprobación definitiva do dito estudo de detalle, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do Regulamento de desenvolvemento) no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
Redondela, 2 de agosto de 2021
Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa


