A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo número 588/2021, do 11.6.2021, aprobou a convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de técnico/a de Xestión Económica e Tesouraría, funcionario/a de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición.
A Resolución da Alcaldía número 792/2021, do 7.7.2021, aprobou a corrección de erros das ditas bases, concretamente a base novena, letras A) e B), e o anexo II.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 136, do 21 de xullo de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal
Teo, 21 de xullo de 2021
Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde


