A Resolución da Alcaldía nº 504/2021, do 24.5.2021, aprobou a convocatoria e as bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo, funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 99, do 28 de maio de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
As resolucións da Alcaldía nº 791/2021, do 7.7.2021, e nº 830/2021, do 15.7.2021, aprobaron cadansúa corrección de erros.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 136, do 21 de xullo de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal
Teo, 21 de xullo de 2021
Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde


