O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de xullo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a reordenación de volumes na parcela dotacional e-018 da Casa do Concello de Vilaboa.
Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia.
Terceiro. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro do Plan Urbanístico de Galicia.
A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
Cuarto. Facultar a Alcaldía para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.
Quinto. O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no enderezo electrónico http://vilaboa.sedelectronica.es
Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vilaboa, 3 de agosto de 2021
César Poza González
Alcalde


