Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42873

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 13 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2020/21 (código de procedemento ED601A).

BDNS (Identif.): 577956.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil (código de procedemento ED601A).

Segundo. Obxecto

Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.

As axudas económicas irán destinadas a sufragar as seguintes actuacións:

Actuación 1. Axudas destinadas á xestión do servizo de comedor escolar.

Actuación 2. Axudas destinadas a sufragar os gastos relacionados coa COVID-19.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2020/21, publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 1.200.000,00 €.

Tipo de actuación

Orzamento

Actuación 1. Axudas destinadas á xestión do servizo de comedor

1.000.000,00 €

Actuación 2. Axudas destinadas a gastos relacionados coa COVID-19

200.000,00 €

Contía das axudas: ata un máximo do 100 % do gasto xustificado pola prestación das dúas actuacións, servizo de comedor do centro escolar e gastos relacionados coa COVID-19.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade