De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia: seguridade e saúde), porque, intentada a notificación por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.
O interesado dispón dun prazo de oito días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar copia da documentación do expediente que xulgue oportuna, facilitando previamente a documentación acreditativa da representación legal que ten na empresa ou presentarse debidamente acreditado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días hábiles desde o envío, de ser o caso, da copia da documentación do expediente ou da data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.
O expediente relacionado está á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, sita na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Expediente: RL 2019/95.
Data do trámite de audiencia: 12 de xullo de 2021.
Empresa: Florica Elisei.
Enderezo: avda. das Fontiñas, 115-5º dta., 27002 Lugo.
Lugo, 11 de agosto de 2021
A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica