Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42881

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (447/2017).

Eu, Julia Blanco Moure, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, fago saber que no presente procedemento ORD 447/2017, seguido por instancia de Mercedes Benz Financial Services España EFC, S.A. fronte a Transtanoa, S.L. e Tania Solla Gil, se ditou sentenza, con data do 18 de febreiro de 2021, contra a cal cabe interpoñer recurso de apelación no prazo dos vinte días hábiles seguintes ao da súa notificación.

O texto íntegro da sentenza atópase no xulgado ao dispor da demandada Transtanoa, S.L.

Este edicto expídese co fin de que lles sirva de notificación en forma e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Cangas, 27 de abril de 2021