Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira (un xestor de contidos e un subalterno).

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante resolucións do 12 de xullo de 2021, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Roi Gómez López, con DNI ***4895**, para ocupar unha praza de xestor/a de contidos e soporte administración electrónica da escala de administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Francisco José Iglesias Amoedo, con DNI ***0171**, para ocupar unha praza de subalterno/a da escala de administración xeral, integrada no grupo AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 21 de xullo de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura