Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura definitiva dunha praza vacante de administrativo, subgrupo C1, reservada a funcionarios de carreira, mediante concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 151, do 9 de agosto de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura definitiva, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza vacante da escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, reservada a funcionarios de carreira, contida na oferta de emprego público de 2019 e no vixente cadro de persoal e relación de postos de traballo, co código de posto nº 01.01.00.02.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 10 de agosto de 2021

Pedro Pereira Fernández
Alcalde accidental