Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza vacante de técnico medio de xestión económica, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 151, do 9 de agosto de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión e propiedade, con carácter de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna por ascenso, dunha praza vacante da Escala de Administración xeral, Subescala de Xestión, Técnico Medio de Xestión Económica grupo A, subgrupo A2, incluída na OEP do 2020 do concello do Porriño.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 10 de agosto de 2021

Pedro Pereira Fernández
Alcalde accidental