Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2021 Páx. 43208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo dun ben incautado no expediente sancionador PSC-PO-1056/2017-COP.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada dispón dun prazo de seis meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio para facerse cargo do ben incautado.

O expediente relacionado no anexo atópase á disposición do interesado nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 13 de agosto de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Enderezo

PSC-PO-1056/2017-COP

L713745

Rúa da Alegría, 8, ptal. 1, Apeadeiro, Estanqueiro-Jardia (Portugal)