Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 30 de agosto de 2021 Páx. 43207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a execución da sanción accesoria de suspensión de habilitación do expediente PSC-PO-0189/2020-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a execución da sanción accesoria de suspensión de habilitación do expediente PSC-PO-0189/2020-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado no anexo atópase á disposición do interesado nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, en horario das 9:00 ás 14:00 horas, de luns a venres.

Vigo, 13 de agosto de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0189/2020-PPM

15493466E

Execución sanción accesoria de suspensión de habilitación

Camiño das Revoltas, 10, Baredo