Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43293

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2021 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia21 e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).

O 13 de abril de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 68 a Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia21 e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos da Axencia de Turismo de Galicia para o ano 2021.

O artigo 4.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de ampliar o crédito máximo como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, nomeadamente polo financiamento que puidesen achegar outras administracións ao dito programa, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes.

Este incremento queda en todo caso condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias a que fai referencia o devandito artigo 30.2 do Decreto 11/2009 e, de ser o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria para o ano 2021 na contía de 1.504.208,50 €, polo que o crédito orzamentario total asignado para estas axudas para a anualidade 2021 tras esta ampliación ascende a 3.504.208,50 €.

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia