Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43279

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2021 pola que se dá publicidade da Resolución do 20 de agosto de 2021 pola que se encarga a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico á Consellería de Política Social.

Mediante a Resolución que tivo lugar o 20 de agosto de 2021 encoméndase a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, S.M.E., M.P. (Tragsatec) a execución dun servizo de apoio técnico á Consellería de Política Social na xestión de diversas axudas convocadas por esta.

Coa finalidade dar cumprimento ao disposto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia o contido mínimo da dita resolución:

– Actividade: servizo consistente na realización de tarefas de apoio e soporte respecto das convocatorias de axudas promovidas polas diversas direccións xerais destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social a entidades de iniciativa social e convocatorias destinadas a corporacións locais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva. Consonte o previsto polos artigos 9 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, e para os efectos previstos nos artigos 6.3 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e segundo a disposición adicional vixésimo cuarta desta lei Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Consellería de Política Social.

– Prazo de vixencia: o período de execución rematará o 31 de agosto de 2022.

– Finalización anticipada: esta encomenda poderá resolverse anticipadamente por razóns de eficacia.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2021

A conselleira de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016; DOG núm. 54, do 18 de marzo)
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social