Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 31 de agosto de 2021 Páx. 43280

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2021 pola que se convoca un curso de Protocolo Cero, dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, e especialmente aos/ás axentes de primeira intervención en casos de violencia de xénero non pertencentes ás unidades especializadas de protección destas vítimas.

Ante a recente emisión da Instrución 5/2021, da Secretaría de Estado de Seguridade, pola que se establece o Protocolo de primeiro contacto policial con vítimas de violencia de xénero en situación de desprotección, denominado Protocolo Cero, se considera oportuno diseñar unha formación específica para a súa impartición á maior brevidade posible, facilitando así o coñecemento e aplicación inmediata do referido protocolo.

1. Datos da actividade.

Denominación: Protocolo Cero.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 8 horas.

Modalidade: presencial.

Obxectivo xeral:

– Adquirir habilidades de detección, información, prevención, protección e intervención con vítimas de violencia de xénero e agresores de parella.

Obxectivos específicos:

– Adquirir habilidades para interaccionar en primeira intervención coas vítimas de violencia de xénero.

– Adquirir habilidades para recabar informacións relevantes de terceiras persoas.

– Identificar os factores de risco de relevancia para a seguridade das vítimas.

– Coñecer os sistemas de valoración do risco de violencia grave sobre a parella.

– Facilitar un instrumento documental uniforme para valorar os indicadores de risco de violencia de xénero nesa primeira intervención.

– Desenvolver mecánicas de información e investigación de circunstancias concurrentes no caso, cando se presuma a negativa ou ausencia de denuncia por parte da vítima.

Contido:

1. Xustificación.

2. Información relevante.

3. Primeiras medidas.

4. En ausencia de denuncia pola vítima.

5. Instrucción 5/2021 (Protocolo Cero).

a) Primeiro contacto policial con vítimas de violencia de género.

b) Actuacións documentais en dependencias policiais.

6. Guía de actuación do Protocolo Cero en violencia de xénero.

7. Actuacións de información a realizar e expoñer na comparecencia policial.

8. Taboa guía de indicadores de risco (do Protocolo Cero).

9. Coñecemento deoutro instrumento de valoración do risco.

2. Destinatarios/as.

Todos os membros das forzas e corpos de seguridade, e especialmente aos/ás axentes de primeira intervención en casos de violencia de xénero, non pertencentes ás Unidades especializadas de protección destas vítimas.

Prazas ofertadas.

160.

3. Solicitudes de participación.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matricula telemática dispoñible na páxina web da Agasp
(http://agasp.xunta.es), non se admitira ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp, manteña actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar a exclusión automática do curso solicitado, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

No caso de atoparse en algún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir a Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación: (non será preciso, se tal documentación xa obra en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

Profesionais que estean gozando ou gozaran nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas do día 10 de setembro de 2021.

Non esta permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios en unha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar en outros curso durante un ano desde que se detecte este feito.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 14 de setembro de 2021 a Academia Galega de Seguridade publicará no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación recibidas que cumprisen os requisitos anteriores.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados/as da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo/a xefe/a do corpo da policía local do concello no que traballe ou persoa responsable do mesmo.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberá quedar acreditado suficientemente os motivos dos mesmos e que se coñeceron con posterioridade a solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e con unha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que se convoquen polo servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nas que a persoa figurase como posible destinataria das mesmas, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que a lo menos teñan a mesma carga horaria, do curso polo que foi penalizado.

4. Desenvolvemento da actividade.

Presentación: as persoas admitidas a este curso deberán presentarse ás 10.00 horas do día 21 de setembro de 2021.

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública. O curso realizarase no salón de actos.

Horario lectivo: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas.

Datas dos cursos: 21 de setembro de 2021.

1. Os cursos realizaranse respectando en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias, o uso das máscaras é obrigatorio así como o mantemento da distancia de seguridade, que en todas as acción formativas que se convocan se garante nas instalacións da Agasp, reducindo o número de alumnos por curso.

2. Ningún alumno nin alumna seleccionado/a nun curso presencial asistirá ao mesmo con síntomas asociados a COVID-19, nin habendo tido contacto con unha persoa diagnosticada como positiva nesta enfermidade nos últimos 14 días anteriores, a comezar dito curso.

3. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan ao efecto, podendo realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito a expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o servizo de formación en Seguridade Pública, poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso para poder valorar esta posibilidade non pode transcorrer mais de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar a perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén a penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, a contar desde o día seguinte ao da finalización do curso.

4. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitira diploma nin certificado acreditativo algún.

Certificado de superación do curso.

A evaluación será realizada polo/a profesor/a en función da participación dos/das alumnos/as, e se se considera necesario, un test de coñecementos.

5. Modificacións e incidencias.

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, os horarios, os contidos e o desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

A Estrada, 23 de agosto de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Escola Galega de Seguridade Pública