Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43538

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar o 21 de xullo e o 2 de agosto de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado por Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo celebrado o día 12 de xuño de 2021, á vista das alegacións presentadas, cambiar a resposta considerada como correcta da pregunta 91 do cuestionario, que pasa de C) a D).

Segundo. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria e en relación co primeiro exercicio do proceso selectivo celebrado o día 12 de xuño de 2021, á vista das alegacións presentadas, anular a pregunta 13 do cuestionario, que é substituída pola pregunta de reserva 121 do cuestionario.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos, e fíxase, en virtude dos criterios de corrección fixados por este tribunal en Resolución do 7 de xuño de 2021, que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obteñan un mínimo de cincuenta e catro (54) respostas correctas unha vez feitos os descontos correspondentes. As preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán puntuación.

Asignarase a valoración de 15 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Cuarto. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo, tanto da proba realizada o 12 de xuño de 2021 como da realizada o 14 de xullo de 2021 (exame COVID-19) para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado por Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Para estes efectos realizouse unha primeira corrección o 21 de xullo de 2021 e, detectado algún erro nas lecturas automatizadas desta primeira corrección, realizouse unha nova corrección o 2 de agosto de 2021.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estaren en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Oitavo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2021

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal