Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43535

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 9 de agosto de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 20, 21 e 22 de xullo de 2021, e o 9 de agosto de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

ACORDOU:

Primeiro. Revisadas as alegacións presentadas nas sesións que tiveron lugar os días 20, 21 e 22 de xullo de 2021 e o 9 de agosto de 2021, de conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, acórdase o seguinte:

Respecto á primeira quenda, quenda da maña do 20 de xuño:

• Lémbrase que no momento da realización do exercicio foron anuladas as preguntas número 34 e 50.

• Anular as preguntas número 25, 58, 66 e 68.

• Modificar a resposta correcta da pregunta número 72, que pasa da resposta b) á resposta a).

• En consecuencia, as preguntas anuladas pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 81, 82, 83, 84, 85 e 86.

• Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas nesta quenda.

Respecto á segunda quenda, quenda da tarde do 20 de xuño:

• Lémbrase que no momento da realización do exercicio foron anuladas as preguntas número 13 e 69.

• Anular as preguntas número 67, 82 e 83.

• As preguntas anuladas pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva número 81, 84 e 85.

• Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas nesta quenda.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de 15 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 9 de xuño de 2021, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtiversen un mínimo de trinta e seis (36) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación. Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de quince (15) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, non prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade coa base II.1.1.3 respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización, as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo, o Celga 3 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal