Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43615

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión dunha praza de administrativo, funcionario de carreira, mediante o sistema de oposición libre, reservada a persoas con discapacidade.

Mediante resolución da Alcaldía 865/2021, do 18.8.2021, aprobouse a convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza de funcionario de carreira vacante no cadro de persoal do Concello de Ordes do ano 2021, incluída na oferta de emprego público do ano 2018, seguinte:

• Grupo, segundo ou artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo. Para cubrir mediante quenda libre, reservada para persoas con discapacidade.

O sistema de selección dos aspirantes será o de oposición libre.

As bases que regulan a convocatoria deste proceso selectivo publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia nº 162, do 26 de agosto de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ordes e na web municipal.

Ordes, 26 de agosto de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto de delegación de competencias do 11.8.2021)
Ana María Soneira Liñares
Alcaldesa en funcións