Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43614

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de funcionario de carreira auxiliar administrativo, mediante sistema de concurso-oposición.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 1828/2021, do 26 de xullo, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de funcionario de carreira auxiliar administrativo do Concello de Noia (Departamento de Secretaría), mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia, núm. 149, do 9 de agosto de 2021, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario mediante o sistema de concurso-oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Grupo

C

Subgrupo

C2

Escala

Administración xeral

Subescala

Auxiliar

Vínculo

Funcionario

Denominación

Auxiliar administrativo

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello [https://noia.sedelectronica.gal] e no taboleiro físico de anuncios.

Noia, 9 de agosto de 2021

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde