Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO das bases da convocatoria para a provisión dunha praza de funcionario de Administración xeral, subescala administrativo, grupo C1.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 196, do 26 de agosto de 2021, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de administrativo, pertencente ao grupo C1, da escala de Administración xeral, polo sistema de concurso oposición, incluída na oferta de emprego 2021, publicada no BOP núm. 126, do 5 de xuño de 2021 e no DOG núm. 107, do 8 de xuño de 2021.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballeda de Avia, 26 de agosto de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto do 2 de xullo de 2019)
Noemi Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal