Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 44000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2021-096 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 19 de agosto de 2021

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

CO-RES-2021-096

34239373D

Acordo inicio

Pola xefa territorial

CO-RES-2021-100

32838765D

Acordo inicio

Pola xefa territorial

CO-RES-2021-101

Y1247837D

Acordo inicio

Pola xefa territorial

CO-RES-2021-108

Y2035281W

Acordo inicio

Pola xefa territorial