Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 3 de setembro de 2021 Páx. 44001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 31 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a notificación por comparecencia da resolución dun procedemento de excedencia.

Cando se intentou a notificación da resolución do procedemento de excedencia por interese particular, no domicilio da persoa interesada e no sistema Notifica.gal, os intentos resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), procédese á publicación deste anuncio para que lle sirva de notificación á persoa interesada que se indica a seguir de que o director xeral de Centros e Recursos Humanos ditou resolución no procedemento que se indica deseguido:

DNI da persoa interesada: 07522284L.

Procedemento: excedencia por interese particular.

A persoa interesada poderá solicitar unha copia da resolución mediante comparecencia no prazo máximo de dez (10) días hábiles, de luns a venres (agás festivos), das 10.00 ás 13.00 horas, nas dependencias do Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no Edificio Administrativo San Caetano, na cidade de Santiago de Compostela. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido tal prazo non tivese comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Interesado/a

Resolución-data

07522284L

26.7.2021