Mediante a Orde do 27 de xaneiro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e convocáronse para o ano 2021.
En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 25 das bases reguladoras,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.734A.770.0 ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2021, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317A).
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
P.D. (Orde do 24.6.2021; DOG núm. 127, do 6 de xullo)
Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
ANEXO
Subvencións a empresas privadas para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído,
no sector mineiro en Galicia
Beneficiario |
NIF |
Liña de axuda |
Actuación |
Axuda concedida (€) |
Marcelino Martínez Galicia, S.L.U. |
B36345874 |
A |
Equipo de perforación hidráulica modelo Speedroc 2F con dous martelos Doofor. |
105.000,00 |
Pizarras Valdacal, S.L. |
B32225419 |
A |
Instalación dun sistema de filtrado mediante mangas. Asesoramento técnico. |
79.934,53 |
Cubiertas Fidalgo Canteras, S.A. |
A32007817 |
A |
Instalación dun sistema de filtrado mediante mangas. Acondicionamento da zona de entullo mediante a preparación dun foso e a instalación dun sistema de cintas para alimentación do entullo ao foso. |
89.795,00 |
Pizarras de La Campa, S.L. |
B32116873 |
A |
Instalación dun sistema de filtrado mediante mangas. Asesoramento técnico. |
119.191,33 |
Promoción de Industrias Orensanas, S.L. |
A32006082 |
A |
Recolocación e acondicionamento dunha instalación de filtrado mediante filtro de mangas para a optimización da captación de po. |
3.560,00 |
Hormigones de Xaras, S.L. |
B15025786 |
A |
Instalación dun nebulizador con potencia de chorro de ata 35 m, ventilador de alta eficiencia e moi baixo ruído. |
10.995,00 |
Canteras de Muro, S.L. |
B27100973 |
A |
Instalación dun sistema de irrigación das cintas transportadoras de áridos na planta de transformación. Instalación de aspersores nas zonas de paso de vehículos. |
3.677,85 |
Magnesitas de Rubián, S.A. |
A28101020 |
A |
Prolongación do teito do foso e colocación no seu extremo de aspersores. |
14.304,05 |
Áridos del Umia, S.A.U. |
A36002558 |
A |
Instalación de peche con panel sandwich de 35×35 que cubra a criba de clasificación en seco e instalación de paneis separadores sobre os muros de formigón existentes na zona de provisión. |
9.862,80 |
Myhnor Morteros y Hormigones del Noroeste, S.L. |
B15803976 |
A |
Instalación de pantalla acústica que consta de: en panel metálico fonoabsorbente, portón de acceso de vehículos fonoabsorbente, zapatas illadas, vigas de atado, perfís HEA 260 laminados en quente, placas de ancoraxe de aceiro S275, nervios e muretes para o soporte dos perfís. |
51.133,80 |
Granitos y Áridos de Atios, S.L. |
B36023133 |
B |
Remodelación da cabina preexistente para implementación do centro de control e mando da instalación de primaria, co interior dotado de climatización para illamento do operario de po e ruído. Adecuación do cadro de mando e control da instalación de primaria na cabina. Instalación dun sistema cerrado de videocámaras para o control da instalación de primaria desde o interior da cabina de control e mando. |
6.301,51 |
Granitos Excavaciones y Construcción, S.L. |
B32322448 |
B |
Adquisición de máquina de corte por fío. Adquisición de perforadora automarchante sobre eirugas. |
54.463,50 |
Granitos y Áridos de Atios, S.L. |
B36023133 |
B |
Instalación de sistema de atomizadores con tensoactivo en focos potenciais de xeración de po de sílice. Instalación de sistema de bombeo e dosificación de tensoactivos para atomizadores. Instalación eléctrica e cadro de control do sistema de atomizadores. |
39.200,00 |
Cubiertas Fidalgo Canteras, S.A. |
A32007817 |
B |
Acondicionado da nave 3 de serradura dotándoa de cilindros de alimentación desde fóra dela, alimentando as serras con dobre cinta, e preparación de soleira e contorno para a maquinaria anterior, instalación de cabinas presurizadas para dous postos. Aspiración e filtración para cortadora e catro postos de traballo na nave 3 de elaboración. Contratación de asesoría técnica especializada. |
119.307,36 |
Canteras Fernández, S.L. Elaboración, S.COM |
D32031395 |
B |
Instalación de 10 cabinas con filtración HEPA para serradores. Adquisición de recortadora automática de dobre disco optimizada para po e ruído con alimentación automática. Adquisición de recortadora automática de dobre disco optimizada para po e ruído con alimentación manual. Instalación de sistema de presurización con filtración HEPA para cabina de pa cargadora. Instalación de 4 sistemas de humectacións á saída de cortadoras. Adquisición de aspiradora industrial. Contratación de asesoría técnica especializada. |
101.403,60 |
Canteras Fernández, S.L. Elaboración, S.COM |
D32031395 |
B |
Instalación de 5 cabinas con filtración HEPA para serradores. Instalación de sistema de presurización con filtro HEPA 13 en cabina de pa cargadora. Instalación de sistema de humectación á saída de cortadoras. Adquisición de aspiradora industrial. Instalación de sistema de rega automática na contorna da nave e no acceso a pistas. Contratación de asesoría técnica especializada. |
6.581,58 |
Francisco Gómez y CIA, S.L. |
B15009533 |
B |
Instalación dun sistema de supresión de po con auga nebulizada a alta presión en nove puntos do establecemento de beneficio. |
24.480,00 |
Castrelos Elaboración, S.L., S.COM |
D32016099 |
B |
Instalación de 9 cabinas con filtración HEPA para serradores. Instalación de sistema de humectación á saída de recortadoras (4 puntos de humectación). Aumento do sistema de rega no contorno da nave mediante a instalación de bocas de rega e control automático destas. Contratación de asesoría técnica especializada. |
32.352,39 |
Lemmar Granite, S.L. |
B94148483 |
B |
Adquisición dun equipo de sonda de perforación sobre carro con eiruga e dotado con varrido de auga. Adquisición de máquina de fío con movemento autónomo. |
64.557,50 |
Lemmar Granite, S.L. |
B94148483 |
B |
Instalación dun equipamento de rega por aspersión, mediante aspersores por columna para a pulverización de pistas de acceso e das plataformas de traballo. |
7.749,00 |
Lemmar Granite, S.L. |
B94148483 |
B |
Adquisición de 12 armarios de dobre porta para os vestiarios. |
760,54 |
Hormigones y Áridos La Barca, S.A. |
A15052376 |
B |
Colocación de capotas ao longo das cintas transportadoras principais. |
18.340,00 |
Prebetong Lugo, S.A. |
A27003250 |
B |
Instalación dun sistema de ventilación e climatización na sala de control de secundaria. Actualización do sistema de nebulización consistente na substitución de electroválvulas e pulverizadores da instalación. Instalación de sistema de rega automática nas vías de acceso e zona de moegas. |
15.595,31 |
Prebetong Áridos, S.L.U. |
B27705664 |
B |
Adecuación e instalación dun sistema de pulverización-nebulización focalizado nos puntos de descarga primaria e secundaria. Adquisición de novos módulos de armarios para dispoñer de dúas unidades por traballador |
4.798,49 |
Canteras de Muro, S.L. |
B27100973 |
B |
Creación dunha estrutura de traballo pechada para a provisión de materiais consistente nunha estrutura metálica cuberta (15,5 M × 10 M × 6 M) con dúas portas corredizas, así como a soleira sobre a que se asenta. |
16.189,80 |
Rocas Maresgra, S.L. |
B36587699 |
B |
Instalación de vestiarios incluídos aseos e duchas. |
17.304,06 |