Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 6 de setembro de 2021 Páx. 44067

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, supoñen un novo escenario normativo para a consolidación da administración dixital nas administracións públicas e, polo tanto, tamén na Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia. Con elas, dáse continuidade ao recoñecemento legal do dereito da cidadanía a relacionarse coa Administración por medios electrónicos que xa realizaba a derrogada Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, regula o réxime xurídico da utilización dos medios electrónicos por parte do sector público galego no desenvolvemento da súa actividade, nas súas relacións coa cidadanía, coas demais administracións públicas, coas empresas e as entidades, as infraestruturas e os servizos do sector público galego, as medidas para o desenvolvemento dixital na sociedade con criterios de inclusión e non discriminación, e os órganos con competencias en relación coa administración dixital.

O artigo 12 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que as administracións públicas deberán garantir que as persoas interesadas poden relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, para o que porán á súa disposición os canais de acceso que sexan necesarios, así como os sistemas e aplicacións que, en cada caso, se determinen.

Así, a tramitación electrónica con carácter xeral é optativa para as persoas físicas, que poderán elixir, en todo momento, se se comunican coas administracións públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non. Pola contra, están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da dita actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público, os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, o estudantado universitario para os trámites e actuacións que realicen motivados pola súa condición académica, así como as persoas que representen un suxeito obrigado dos anteriormente indicados.

De acordo co establecido no artigo 66 da referida Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando a Administración nun procedemento en concreto estableza expresamente formularios específicos de presentación de solicitudes, estes serán de uso obrigatorio polas persoas interesadas.

A cidadanía ten que ser a primeira e principal beneficiaria do acceso electrónico e a Administración queda obrigada a transformarse nunha administración electrónica rexida polo principio de eficacia que proclama o artigo 103 da Constitución.

En definitiva, a regulación dos procedementos administrativos obxecto desta norma realízase en diversa normativa sectorial; a presente orde limítase a habilitar a presentación electrónica das correspondentes solicitudes, mediante a súa incorporación á sede electrónica da Xunta de Galicia, co obxecto de que as persoas usuarias poidan relacionarse coa Administración con medios electrónicos.

Así pois, en cumprimento da normativa citada, un total de trinta procedementos estarán dispoñibles telematicamente, o que contribuirá a seguir afondando no impulso dunhas relacións máis áxiles, simples e fluídas entre a Xunta de Galicia e a cidadanía.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Sección 1ª. Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto aprobar, regular e dar publicidade aos formularios normalizados que figuran no anexo desta orde na tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia para a presentación por medios electrónicos nas materias de biodiversidade, caza e pesca continental, así como habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia, dos procedementos de prazo aberto regulados nela.

2. Os ditos procedementos habilitaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal e figurarán na Guía de procedementos e servizos regulada pola Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servicios na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.

3. A regulación dos ditos procedementos está prevista na normativa europea, estatal básica e autonómica a que se fai referencia nos artigos 7 a 37 desta orde, e quedan circunscritos ao ámbito competencial desta consellería o desenvolvemento da súa tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa habilitación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Así mesmo, modifícase o procedemento MT806A, denominado «Primeira licenza de pesca fluvial», que pasa a denominarse «Licenza recreativa de pesca continental». No novo formulario incorpórase a posibilidade de solicitar a licenza de pesca interautonómica, así como as renovacións de licenzas de pesca.

Artigo 2. Presentación de solicitudes, declaracións e comunicacións

1. Nos procedementos regulados nesta orde e que se detallan a continuación, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal:

a) Excepción ás normas de protección xeral das especies de fauna silvestre (código de procedemento MT812A).

b) Excepción ás prohibicións derivadas da inclusión dunha especie no Catálogo español de especies exóticas invasoras (código de procedemento MT812B).

c) Autorización para a realización de eventos con animais de compañía (código de procedemento MT812C).

d) Inscrición, modificación, renovación ou baixa como veterinario/a actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) (código de procedemento MT812D).

e) Expedición do certificado de capacitación para o adestramento de cans de garda e defensa (código de procedemento MT812E).

f) Inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT812F).

g) Autorización para realizar competicións de caza (código de procedemento MT720I).

h) Licenza profesional para a pesca de anguía (código de procedemento MT806C).

i) Aprobación de plans de aproveitamento para a pesca profesional da anguía en augas continentais (código de procedemento MT806B).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

2. No resto dos procedementos regulados nesta orde e que se detallan a continuación, as solicitudes, declaracións e comunicacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal:

a) Comunicación da tenza de exemplares de fauna incluídos no Catálogo español de especies exóticas invasoras ou da súa liberación accidental (código de procedemento MT812N).

b) Autorización administrativa para a tenza de aves de rapina en catividade (código de procedemento MT812J).

c) Comunicación previa para a tenza de máis de cinco cans maiores de tres meses nun mesmo establecemento (código de procedemento MT812K).

d) Autorización e inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) (código de procedemento MT812L).

e) Certificación da ausencia de sancións por infraccións en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (código de procedemento MT812M).

f) Aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético (código de procedemento MT720A).

g) Aprobación da renovación do plan de ordenación cinexética (código de procedemento MT720B).

h) Comunicación previa das cazarías que se realicen baixo a modalidade de batida, montaría, espera e axexo (código de procedemento MT720C).

i) Comunicación de resultados cinexéticos en cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo (código de procedemento MT720D).

j) Autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza (código de procedemento MT720G).

k) Autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural (código de procedemento MT720M).

l) Aprobación do primeiro plan de ordenación cinexética (código de procedemento MT720Q).

ll) Aprobación da revisión do plan de ordenación cinexética (código de procedemento MT720R).

m) Declaración de terreos cinexeticamente ordenados e das explotacións cinexéticas comerciais (código de procedemento MT720S).

n) Modificación do ámbito territorial de terreos de réxime cinexético especial (código de procedemento MT720U).

ñ) Licenza de caza (código de procedemento MT720V).

o) Autorización para cazar en zona de exclusión (código de procedemento MT720Y).

p) Autorización para cazar en zona de seguridade (código de procedemento MT720Z).

q) Autorización de medios e métodos prohibidos (código de procedemento MT721B).

r) Autorización especial (código de procedemento MT721C).

s) Licenza recreativa de pesca continental (código de procedemento MT806A).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes, declaracións e comunicacións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 3. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas, se é o caso, deberán achegar coa solicitude, declaración ou comunicación a documentación que se precisa en cada un dos formularios que se xuntan como anexos a esta orde.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude, declaración ou comunicación. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, declaración ou comunicación, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

4. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante, comunicante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Artigo 4. Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante ou comunicante.

d) NIF da entidade representante.

A maiores destes datos comúns a todos os procedementos, nos correspondentes artigos da sección 2ª sinálanse os datos específicos de cada procedemento, incluídos en documentos elaborados polas administracións públicas, que se consultarán automaticamente para a tramitación de cada un deles, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 5. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes, declaracións ou comunicacións

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, nos procedementos destinados só a suxeitos obrigados a relacionarse coa Administración por medios electrónicos, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. No resto de procedementos regulados nesta orde, procedementos destinados conxuntamente a suxeitos obrigados e non obrigados a relacionarse coa Administración por medios electrónicos, as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario . No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sección 2ª. Procedementos

Artigo 7. Excepción ás normas de protección xeral das especies de fauna silvestre

1. O procedemento de autorización de excepción ás normas de protección xeral das especies de fauna silvestre está regulado no artigo 101 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo I desta orde co código de procedemento MT812A.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria que conteña a información científica e técnica suficiente para avaliar a solicitude.

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.

4. O prazo para resolver é de tres meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela desestimada por silencio administrativo.

Artigo 8. Excepción ás prohibicións derivadas da inclusión dunha especie no Catálogo español de especies exóticas invasoras

1. O procedemento de autorización de excepción ás prohibicións derivadas da inclusión dunha especie no Catálogo español de especies exóticas invasoras está regulado no artigo 108 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, e no artigo 7 do Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo II desta orde co código de procedemento MT812B.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria que conteña a información científica e técnica suficiente para avaliar a solicitude.

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de tres meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela desestimada por silencio administrativo.

Artigo 9. Autorización para a realización de eventos con animais de compañía

1. O procedemento de autorización para a realización de eventos con animais de compañía está regulado no artigo 61 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento de desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos, de conformidade coa disposición derrogatoria única da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo III desta orde co código de procedemento MT812C.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria descritiva sobre o evento obxecto da solicitude asinada polo solicitante ou representante.

b) Listaxe dos animais participantes coa identificación individual xunto coa documentación sanitaria (naqueles casos en que corresponda) e documentación relativa á tenza de animais potencialmente perigosos (naqueles casos en que corresponda).

c) Documentación que acredite a orixe legal dos animais.

d) Programa de medidas sanitarias subscrito por un/unha veterinario/a.

e) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude (código 30.34.03-autorización para a realización de certames, concursos, exposicións ou concentracións de animais).

f) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. En canto ao sentido do silencio, ao non atoparse regulado na súa normativa específica, aplicaráselle supletoriamente o artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así o prazo de resolución será de tres meses e o sentido do silencio administrativo será negativo.

Artigo 10. Inscrición, modificación, renovación ou baixa como veterinario/a actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac)

1. O procedemento de inscrición, modificación, renovación ou baixa como veterinario/a actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) está regulado no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e no 10 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo IV desta orde co código de procedemento MT812D.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Documentación acreditativa da inscrición no Colexio Oficial de Veterinarios.

b) Documentación acreditativa de estar dada/o de alta para o exercicio libre da profesión veterinaria.

c) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude (código 30.02.00-inscricións en rexistros oficiais: primeira inscrición; código 30.02.00-modificación de primeira inscrición).

d) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de tres meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela estimada por silencio administrativo, de conformidade co previsto no artigo 10.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro.

Artigo 11. Expedición do certificado de capacitación para o adestramento de cans de garda e defensa

1. O procedemento para a expedición de certificado de capacitación para o adestramento de cans de garda e defensa está regulado no artigo 7 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e no 14 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo V desta orde co código de procedemento MT812E.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Compromiso de cumprimento de normas de manexo e comunicación de datos previstas no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, e na Lei 4/2017, do 3 de outubro.

b) Certificado de capacitación para o adestramento (só en caso de solicitude de homologación).

c) Certificado médico e psicolóxico que acredite que non está incapacitado/a nin física nin psiquicamente.

d) Dispoñibilidade de instalacións e aloxamentos axeitados (número de inscrición no Reganuz do centro de adestramento).

e) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude (código 30.35.01-certificado de capacitación para o adestramento).

f) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. A maiores dos indicados no artigo 4, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Inexistencia de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.

b) Inexistencia de antecedentes penais por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico.

Artigo 12. Inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía

1. O procedemento para a inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía está regulado no artigo 16 e seguintes do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo VI desta orde co código de procedemento MT812F.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Copia dos estatutos dos socios e acta constitucional.

b) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude (código 30.02.00-inscricións en rexistros oficiais: primeira inscrición; código 30.02.00-modificación de primeira inscrición).

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. A maiores dos indicados no artigo 5, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Inexistencia de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.

b) Inexistencia de antecedentes penais por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico.

c) Inscrición no Rexistro de Asociacións na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Artigo 13. Autorización para realizar competicións de caza

1. O procedemento para realizar competicións de caza está establecido no artigo 73 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, e no artigo 54 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo VII desta orde co código de procedemento MT720I.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Informe da Federación Galega de Caza.

b) Consentimento do titular do espazo cinexético para realizar a competición de caza.

c) Documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito, de ser o caso.

4. O prazo para resolver é dun mes desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela estimada por silencio administrativo, de conformidade co previsto no artigo 54 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro.

Artigo 14. Licenza profesional para a pesca de anguía

1. Para a pesca profesional de anguía nas augas continentais galegas, o Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, establece a clase D. Os requisitos para a obtención desta licenza foron determinados posteriormente no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O formulario MT806C, que se incorpora no anexo VIII, permite solicitar a expedición da licenza de clase D para a pesca profesional de anguía nas augas continentais galegas.

3. Para obter a licenza da clase D por primeira vez deberanse cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 18 anos ou menor emancipado e non ser maior de 65 anos.

b) Non ser pensionista de xubilación, invalidez permanente absoluta ou total, nin percibir subsidios a favor de familiares, ou percibir a pensión da renda de integración social en Galicia.

c) Estar de alta nun réxime da Seguridade Social que permita o exercicio de actividades pesqueiras.

4. As sucesivas obtencións da licenza da clase D requirirán, ademais do anterior:

a) Realizar unha actividade pesqueira suficiente, entendendo por tal a que se realiza durante un mínimo dun 50 % dos días de actividade laboral efectiva dentro dos aproveitamentos cubertos pola licenza do ano anterior. Para efectos de cálculo da referida porcentaxe, descontarase do período autorizado o tempo de inactividade por causa de forza maior debidamente xustificada.

b) Xustificante de vendas en lonxa ou centro de venda autorizado durante o último ano.

5. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Xustificante do pagamento das taxas (código 30.14.07 Clase D: licenza profesional para a pesca de anguía, angula, lamprea e especies de estuario, e código 30.14.10 para a recarga de pesca a flote).

b) Acreditación de que a persoa solicitante está de alta nun réxime da Seguridade Social que permita o exercicio de actividades pesqueiras.

c) Copia do rol da embarcación en que figure como rexistrado, no caso de pescadores que vaian faenar desde embarcacións autorizadas nun plan de aproveitamentos.

d) Xustificante de vendas en lonxa ou centro de venda autorizado durante o último ano, no caso de renovación da licenza.

e) En caso de actuar por medio de representante, acreditación da representación mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

6. A maiores dos indicados no artigo 4, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade.

b) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia en data concreta.

c) Consulta da vida laboral dos últimos 12 meses.

7. As licenzas terán unha validez de 1 ano e nelas farase mención das especies autorizadas e dos plans de aproveitamento e/ou ámbitos territoriais para os cales se outorgan.

8. As solicitudes presentaranse ante os órganos territoriais da dirección competente en materia de patrimonio natural.

9. En canto ao sentido do silencio, ao non atoparse regulado na súa normativa específica, aplicaráselle supletoriamente o artigo 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así o prazo de resolución será de tres meses e o sentido do silencio administrativo será negativo.

Artigo 15. Aprobación de plans de aproveitamento para a pesca profesional da anguía en augas continentais

1. Conforme os artigos 6 e 9 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, a solicitude de aprobación ou renovación (prórroga) dun plan de aproveitamento será presentada por unha asociación profesional de pescadores ou outra entidade asociativa legalmente constituída que teña por obxecto as mesmas finalidades respecto á anguía.

2. O formulario MT806B, que se incorpora no anexo IX, permite solicitar a aprobación ou renovación dos plans de aproveitamento para a pesca profesional da anguía en augas continentais.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Copia do acordo do órgano de goberno da asociación comprensivo da adopción da decisión de solicitude de aprobación ou renovación do plan.

b) Plan de aproveitamento da bacía co contido mínimo establecido no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) En caso de actuar por medio de representante, acreditación da representación mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

4. As solicitudes presentaranse ante os órganos territoriais da dirección competente en materia de patrimonio natural, conforme o artigo 7 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño.

5. O prazo para resolver é de tres meses, nos expedientes de aprobación inicial, ou dun mes, nos expedientes de renovación, desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela desestimada por silencio administrativo, de conformidade cos artigos 8 e 9 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño.

Artigo 16. Comunicación da tenza de exemplares de fauna incluídos no Catálogo español de especies exóticas invasoras ou da súa liberación accidental

1. O procedemento para a comunicación da tenza de exemplares de fauna incluídos no Catálogo español de especies exóticas invasoras ou da súa liberación accidental está regulado na disposición transitoria cuarta do Real decreto 630/2013, do 2 de agosto.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo X desta orde co código de procedemento MT812N.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Certificado veterinario.

b) Documentación da orixe dos animais.

c) Descrición das instalacións con planos e fotografías (só para animais aloxados en recintos exteriores).

d) Documento probatorio da identificación do animal (para todas as especies, excepto as aves de menos 200 g que teñan anel pechado):

i) Xustificante veterinario da identificación microchip, no caso de mamíferos e aves de 200 g ou máis, quelónidos e saurios de 12 cm ou maiores e ofidios de 60 cm ou maiores.

ii) Fotografías xenérica e de detalle, para os restantes exemplares e especies (excepto aves de menos de 200 g con anel pechado).

e) Xustificante veterinario do control de reprodución (para todas as especies que poidan ser esterilizadas por veterinario/a ou con medicación):

i) Esterilización cirúrxica, para os mamíferos e demais especies en que sexa factible.

ii) Esterilización química (inxección ou implantes hormonais), para as restantes especies en que sexa de aplicación.

f) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 17. Autorización administrativa para a tenza de aves de rapina en catividade

1. O procedemento para a autorización para a tenza de aves de rapina en catividade está regulado no artigo 28 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, no artigo 101 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, e nos artigos 11 e 12 do Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XI desta orde co código de procedemento MT812J.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Documentación que acredite a procedencia legal da ave (CITES, factura de compra, documentos de cesión, certificado de cría...)

b) Documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. A maiores dos indicados no artigo 5, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac).

5. O prazo para resolver é de tres meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela desestimada por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 101 da Lei 5/2019, do 22 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Artigo 18. Comunicación previa para a tenza de máis de cinco cans maiores de tres meses nun mesmo establecemento

1. O procedemento para a comunicación previa para a tenza de máis de cinco cans maiores de tres meses nun mesmo establecemento está regulado no artigo 10 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e no artigo 33 do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XII desta orde co código de procedemento MT812K.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria descritiva do centro ou establecemento, das súas instalacións e da finalidade deste.

b) Acreditación da persoa representante que asine a comunicación, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 19. Autorización e inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz)

1. O procedemento para a autorización e inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) está regulado no artigo 10 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e no artigo 36 do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XIII desta orde co código de procedemento MT812L.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Proxecto técnico con planos de localización e distribución das construcións e instalacións, locais e resto de dependencias.

b) Memoria descritiva do centro ou establecemento e as súas instalacións, así como dos medios de que dispoñan previstos no artigo 36 do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

c) Informe técnico zoosanitario asinado por un/unha veterinario/a colexiado/a, describindo o cumprimento das exixencias que se detallan no artigo 36 do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

d) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude (código 30.34.02- autorización de establecementos de animais domésticos e salvaxes en catividade).

e) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de seis meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela desestimada por silencio administrativo, de conformidade co previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

Artigo 20. Certificación da ausencia de sancións por infraccións en materia de tenza de animais potencialmente perigosos

1. O procedemento para a certificación da ausencia de sancións por infraccións en materia de tenza de animais potencialmente perigosos está regulado no artigo 17 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XIV desta orde co código de procedemento MT812M.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Taxas administrativas devindicadas pola tramitación da solicitude (código 30.04.01-expedición de certificados e diplomas).

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 21. Aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético

1. O procedemento para a aprobación do Plan anual de aproveitamento cinexético está establecido no artigo 3 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XV desta orde co código de procedemento MT720A.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Plan anual de aproveitamento cinexético obtido na aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia: https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=plan_de_ordenacion_cinexetica.html&sub=procesos/

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Para acceder á dita aplicación informática será preciso identificarse introducindo o número de NIF/DNI/NIE e contrasinal facilitado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

4. O prazo para resolver é dun mes desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela desestimada por silencio administrativo, conforme o artigo 48 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Artigo 22. Aprobación da renovación do plan de ordenación cinexética

1. O procedemento para a aprobación da renovación do Plan de ordenación cinexética está establecido no artigo 2 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XVI desta orde co código de procedemento MT720B.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Resumo do plan de ordenación cinexética obtido da aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=plan_de_ordenacion_cinexetica.html&sub=procesos/

b) Plan de ordenación cinexética.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de dous meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela estimada por silencio administrativo.

Artigo 23. Comunicación previa das cazarías que se realicen baixo a modalidade de batida, montaría, espera e axexo

1. O procedemento para a comunicación previa de cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo está establecido no artigo 38 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XVII desta orde co código de procedemento MT720C.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Documento de comunicación previa de cazaría baixo a modalidade que se pretende practicar, obtido da páxina web da consellería: https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=plan_de_ordenacion_cinexetica.html&sub=procesos/

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 24. Comunicación de resultados cinexéticos en cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera ou axexo

1. O procedemento para a comunicación de resultados cinexéticos das cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo está establecido no artigo 38 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XVIII desta orde co código de procedemento MT720D.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Documentación común:

i) Relación de participantes nas cazarías realizadas nas modalidades de batida ou montaría, segundo os formularios dispoñibles na páxina web da consellería: https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=ganhos_e_monterias.html&sub=procesos/

ii) Documento coa imaxe das matrices dos precintos utilizados.

b) Nas cazarías realizadas en zonas libres de caza, documento de comunicación de resultados das cazarías realizadas, segundo o modelo obtido da páxina web da consellería.

c) Nas cazarías realizadas en terreos de réxime cinexético especial, documento de resultados das cazarías realizadas, obtido da aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia: https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=plan_de_ordenacion_cinexetica.html&sub=procesos/

d) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 25. Autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza

1. O procedemento para a autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza, está establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XIX desta orde co código de procedemento MT720G.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Relación nominal de posibles participantes na cazaría.

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 26. Autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural

1. O procedemento de autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural está establecido no artigo 53 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XX desta orde co código de procedemento MT720M.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Taxa administrativa pagada para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural na tempada vixente (código 30.38.05).

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de tres meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela estimada por silencio administrativo.

Artigo 27. Aprobación do primeiro plan de ordenación cinexética

1. O procedemento para a aprobación do primeiro plan de ordenación cinexética está establecido no artigo 48 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e no artigo 2 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXI desta orde co código de procedemento MT720Q.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Resumo do plan de ordenación cinexética obtido da aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=plan_de_ordenacion_cinexetica.html&sub=procesos/

b) Plan de ordenación cinexética.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de dous meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela estimada por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 2.2 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

Artigo 28. Aprobación da revisión do plan de ordenación cinexética

1. O procedemento para a revisión do primeiro plan de ordenación cinexética está establecido no artigo 48 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e no artigo 2 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXII desta orde co código de procedemento MT720R.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Resumo do plan de ordenación cinexética obtido da aplicación informática habilitada para o efecto e dispoñible no portal web de caza de Galicia https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&std=plan_de_ordenacion_cinexetica.html&sub=procesos/

b) Plan de ordenación cinexética.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de dous meses desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela estimada por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 2.5 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

Artigo 29. Declaración de terreos cinexéticos ordenados e das explotacións cinexéticas comerciais

1. O procedemento para solicitar a declaración de terreos cinexéticos ordenados e das explotacións cinexéticas comerciais está establecido nos artigos 11, 15, 20, 21, 22, 23, 26 e 27 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXIII desta orde co código de procedemento MT720S.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Documentos acreditativos da titularidade cinexética.

b) Plano coa especificación dos lindes e superficie.

c) Memoria coas directrices básicas do plan de ordenación cinexética, no caso de solicitar a declaración dun tecor.

d) Documentación acreditativa da constitución e legal funcionamento da sociedade ou asociación, no caso de solicitar a declaración dun tecor societario.

e) Copia autenticada dos estatutos en vigor legalmente aprobados, no caso de solicitar a declaración dun tecor societario.

f) Plan de viabilidade empresarial no caso de solicitar a declaración dunha explotación cinexética comercial.

g) Proxecto da explotación cinexética comercial, cando esta afecte espazos naturais protexidos.

h) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver, desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación, é de oito meses nas distintas fases do procedemento para a declaración dos terreos cinexéticos ordenados-tecor e seis meses para as explotacións cinexéticas comerciais. O vencemento dos prazos sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendelas desestimadas por silencio administrativo, conforme prevén os artigos 15 e 27 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

Artigo 30. Modificación do ámbito territorial de terreos de réxime cinexético especial

1. O procedemento para solicitar a modificación do ámbito territorial de terreos de réxime cinexético especial está establecido no artigo 16 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXIV desta orde co código de procedemento MT720U.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Documentos acreditativos da titularidade cinexética dos terreos afectados pola modificación solicitada.

b) Plano coa especificación dos lindes e superficie.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 31. Licenza de caza

1. O procedemento para solicitar a licenza de caza está establecido no artigo 59 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e no artigo 45 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXV desta orde co código de procedemento MT720V.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Xustificante do pagamento das taxas que correspondan (código 30.15.01-licenza autonómica de clase A; código 30.15.02-licenza autonómica de clase B; código 30.15.03-licenza autonómica de clase C; código 30.15.05-licenza interautonómica de caza).

b) Autorización da persoa que legalmente represente o solicitante, cando se trate dunha persoa menor de idade non emancipada que fixese 16 anos.

c) Certificado de superación das probas de aptitude.

d) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 32. Autorización para cazar en zona de exclusión

1. O procedemento para solicitar autorización para cazar en zona de exclusión está establecido no artigo 9 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXVI desta orde co código de procedemento MT720Y.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria xustificativa para cazar en zona de exclusión por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais.

b) Plano de la zona de exclusión.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de tres meses desde a data en que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela estimada por silencio administrativo, de conformidade coa disposición adicional terceira da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

Artigo 33. Autorización para cazar en zona de seguridade

1. O procedemento para solicitar autorización para cazar en zona de seguridade está establecido no artigo 42 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXVII desta orde co código de procedemento MT720Z.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria xustificativa.

b) Plano da zona de seguridade.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

4. O prazo para resolver é de tres meses desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro electrónico da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. O vencemento do prazo sen notificarse resolución expresa lexitima as persoas interesadas para entendela desestimada por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 42.3 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Artigo 34. Autorización de medios e métodos prohibidos

1. O procedemento para solicitar autorización de medios e métodos prohibidos está establecido no artigo 35 do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

A utilización de medios e métodos prohibidos poderá solicitarse cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

– Para evitar prexuízos para a saúde e seguridade das persoas.

– Para evitar prexuízos para especies protexidas.

– Para previr prexuízos importantes aos cultivos, ao gando, aos bosques, á propia caza, á pesca ou á calidade das augas.

– Para combater enfermidades ou epizootias que afecten as especies cinexéticas.

– Cando sexa necesario por razón de investigación, educación, repoboación ou reincorporación, ou cando se precise para a cría en catividade en centros autorizados para o efecto.

– Para previr accidentes en relación coa seguridade aérea.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXVIII desta orde co código de procedemento MT721B.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria xustificativa dos medios e métodos prohibidos que queren empregarse e das circunstancias que xustifican o seu uso.

b) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 35. Autorización especial

1. O procedemento para solicitar unha autorización especial está establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

2. O formulario para realizar as actuacións previstas no parágrafo anterior é o que consta no anexo XXIX desta orde co código de procedemento MT721C.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Memoria xustificativa e motivada da autorización especial cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

– Cando da súa aplicación deriven efectos prexudiciais para a saúde e seguridade das persoas.

– Cando da súa aplicación deriven efectos prexudiciais para especies protexidas.

– Para previr prexuízos importantes para os cultivos, o gando, os bosques, a propia caza, a pesca ou a calidade das augas.

– Para protexer a flora e a fauna silvestres e os hábitats naturais.

– Cando sexa necesario por razón de investigación, educación, repoboación ou reintrodución, ou cando se precise para a cría en catividade orientada a eses fins.

– Para previr accidentes en relación coa seguridade aérea.

b) Documento acreditativo da titularidade por calquera medio válido en dereito, de ser o caso.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso.

Artigo 36. Licenza recreativa de pesca continental

1. As licenzas que habilitan a pescar nas augas continentais galegas están reguladas nos artigos 4, 5 e 6 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

2. O formulario MT806A, que se incorpora no anexo XXX, permite solicitar a expedición dos seguintes tipos de licenzas:

a) Clase A: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, maiores de 18 anos e menores de 65. Período de validez de 1 ano.

b) Clase A-1: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, maiores de 18 anos e menores de 65. Período de validez de 15 días.

c) Clase A-2: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, maiores de 18 anos e menores de 65. Período de validez de 2 anos.

d) Clase B: válida para estranxeiros non residentes e cidadáns de países non pertencentes á Unión Europea. Período de validez de 1 ano.

e) Clase B-1: válida para estranxeiros non residentes e cidadáns de países non pertencentes á Unión Europea. Período de validez de 15 días.

f) Clase C: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, menores de 18 anos ou maiores de 65. Período de validez de 1 ano.

g) Clase C-1: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, menores de 18 anos ou maiores de 65. Período de validez de 15 días.

h) Clase interautonómica de pesca en augas continentais: válida para cidadáns españois ou estranxeiros residentes en España. Período de validez de 1 ano.

i) Clase E: licenza especial para embarcacións e artefactos flotantes que se empreguen no exercicio da pesca. Período de validez de 1 ano.

3. A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a recollida no referido anexo:

a) Xustificante/s do pagamento das taxas que correspondan (código 30.14.01-licenza de clase A; código 30.14.02-licenza de clases A-1 e A-2; código 30.14.03-licenza de clase B; código 30.14.04-licenza de clase B-1; código 30.14.05-licenza de clase C; código 30.14.06-licenza de clase C-1; código 30.14.08-licenza de clase E; código 30.14.09-recarga para pesca de reo e salmón; código 30.14.10-recarga para pesca a flote; código 30.14.11-licenza interautonómica de pesca continental).

b) Cando se solicite unha licenza para menores de 18 anos sen DNI ou NIE, fotografía actualizada do menor e copia do libro de familia.

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, se é o caso. Non é necesaria no caso de menores, cando esta representación sexa exercida por quen teña a patria potestade, tutela ou curatela.

4. A maiores dos indicados no artigo 4, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE do pai, a nai ou o/a titor/a indicados na solicitude, para licenzas de menores de 18 anos sen DNI ou NIE.

Artigo 37. Prazos

Os prazos de presentación de solicitudes, declaracións e comunicacións serán os seguintes:

1. As solicitudes de excepción ás normas de protección xeral das especies de fauna silvestre (código de procedemento MT812A), excepción ás prohibicións derivadas da inclusión dunha especie no Catálogo español de especies exóticas invasoras (código de procedemento MT812B), autorización para a realización de eventos con animais de compañía (código de procedemento MT812C), inscrición, modificación, renovación ou baixa como veterinario/a actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) (código de procedemento MT812D), expedición do certificado de capacitación para o adestramento de cans de garda e defensa (código de procedemento MT812E), inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (código de procedemento MT812F), autorización para realizar competicións de caza (código de procedemento MT720I), licenza profesional para a pesca de anguía (código de procedemento MT806C), aprobación de plans de aproveitamento para a pesca profesional da anguía en augas continentais (código de procedemento 08), autorización administrativa para a tenza de aves de rapina en catividade (código de procedemento MT812J), autorización e inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) (código de procedemento MT812L), certificación da ausencia de sancións por infraccións en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (código de procedemento MT812M), aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético (código de procedemento MT720A), aprobación da renovación do plan de ordenación cinexética (código de procedemento MT720B), autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza (código de procedemento MT720G), autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural (código de procedemento MT720M), aprobación do primeiro plan de ordenación cinexética (código de procedemento MT720Q), aprobación da revisión do plan de ordenación cinexética (código de procedemento MT720R), declaración de terreos cinexeticamente ordenados e das explotacións cinexéticas comerciais (código de procedemento MT720S), licenza de caza (código de procedemento MT720V), autorización para cazar en zona de exclusión (código de procedemento MT720Y), autorización para cazar en zona de seguridade (código de procedemento MT720Z), autorización de medios e métodos prohibidos (código de procedemento MT721B), autorización especial (código de procedemento MT721C) e licenza recreativa de pesca continental (código de procedemento MT806A), poderán presentarse ao longo de todo o ano.

2. As comunicacións de tenza de exemplares de fauna incluídos no Catálogo español de especies exóticas invasoras ou da súa liberación accidental (código de procedemento MT812N), comunicación previa para a tenza de máis de cinco cans maiores de tres meses nun mesmo establecemento (código de procedemento MT812K), comunicación previa das cazarías que se realicen baixo a modalidade de batida, montaría, espera e axexo (código de procedemento MT720C), comunicación de resultados cinexéticos en cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera ou axexo (código de procedemento MT720D), poderán presentarse ao longo de todo o ano.

Disposición adicional primeira. Actualización dos modelos normalizados

De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados nesta disposición poderán ser actualizados co fin de mantelos adaptados á normativa vixente. Para estes efectos será suficiente a publicación dos modelos actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional segunda

Así mesmo, para os devanditos procedementos suprímese a exixencia da documentación que de acordo coa lexislación vixente, non se pode solicitar para a súa tramitación ou á cal a Administración galega pode acceder directamente mediante a plataforma de interoperabilidade administrativa.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Relación de procedementos

Nº anexo

Código

Denominación

Documento/presentación

I

MT812A

Excepción ás normas de protección xeral das especies de fauna silvestre

Solicitude/electrónica

II

MT812B

Excepción ás prohibicións derivadas da inclusión dunha especie no Catálogo español de especies exóticas invasoras

Solicitude/electrónica

III

MT812C

Autorización para a realización de eventos con animais de compañía

Solicitude/electrónica

IV

MT812D

Inscrición, modificación, renovación ou baixa como veterinario/a actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac)

Solicitude/electrónica

V

MT812E

Expedición do certificado de capacitación para o adestramento de cans de garda e defensa

Solicitude/electrónica

VI

MT812F

Inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía

Solicitude/electrónica

VII

MT720I

Autorización para realizar competicións de caza

Solicitude/electrónica

VIII

MT806C

Licenza profesional para a pesca de anguía

Solicitude/electrónica

IX

MT806B

Aprobación de plans de aproveitamento para a pesca profesional da anguía en augas continentais

Solicitude/electrónica

X

MT812N

Comunicación da tenza de exemplares de fauna incluídos no Catálogo español de especies exóticas invasoras ou da súa liberación accidental

Comunicación/presencial-electrónica

XI

MT812J

Autorización administrativa para a tenza de aves de rapina en catividade

Solicitude/presencial-electrónica

XII

MT812K

Comunicación previa para a tenza de máis de cinco cans maiores de tres meses nun mesmo establecemento

Comunicación/presencial-electrónica

XIII

MT812L

Autorización e inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz)

Solicitude/presencial-electrónica

XIV

MT812M

Certificación da ausencia de sancións por infraccións en materia de tenza de animais potencialmente perigosos

Solicitude/presencial-electrónica

XV

MT720A

Aprobación do plan anual de aproveitamento cinexético

Solicitude/presencial-electrónica

XVI

MT720B

Aprobación da renovación do plan de ordenación cinexética

Solicitude/presencial-electrónica

XVII

MT720C

Comunicación previa das cazarías que se realicen baixo a modalidade de batida, montaría, espera e axexo

Comunicación/presencial-electrónica

XVIII

MT720D

Comunicación de resultados cinexéticos en cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera ou axexo

Comunicación/presencial-electrónica

XIX

MT720G

Autorización para cazar aves prexudiciais para a agricultura e a caza

Solicitude/presencial-electrónica

XX

MT720M

Autorización para realizar soltas de especies cinexéticas no medio natural

Solicitude/presencial-electrónica

XXI

MT720Q

Aprobación do primeiro plan de ordenación cinexética

Solicitude/presencial-electrónica

XXII

MT720R

Aprobación da revisión do plan de ordenación cinexética

Solicitude/presencial-electrónica

XXIII

MT720S

Declaración de terreos cinexéticos ordenados e das explotacións cinexéticas comerciais

Declaración/presencial-electrónica

XXIV

MT720U

Modificación do ámbito territorial de terreos de réxime cinexético especial

Solicitude/presencial-electrónica

XXV

MT720V

Licenza de caza

Solicitude/presencial-electrónica

XXVI

MT720Y

Autorización para cazar en zona de exclusión

Solicitude/presencial-electrónica

XXVII

MT720Z

Autorización para cazar en zona de seguridade

Solicitude/presencial-electrónica

XXVIII

MT721B

Autorización de medios e métodos prohibidos

Solicitude/presencial-electrónica

XXIX

MT721C

Autorización especial

Solicitude/presencial-electrónica

XXX

MT806A

Licenza recreativa de pesca continental

Solicitude/presencial-electrónica

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
MT806AG.SHX
MT806AG.SHX
MT806AG.SHX