Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 30 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Vilartoxo, nos concellos da Baña e Val do Dubra (A Coruña) (expediente IN408A 2019/44).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Green Capital Power, S.L. (CIF: B85945475).

Domicilio social: Torre Serrano, r/ Marqués de Villamagna, nº 3, andar 5º, 28001 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa das Hedras, nº 6, baixo I, 15895 O Milladoiro-Ames (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Vilartoxo.

Municipios afectados: concellos da Baña e Val do Dubra (A Coruña).

Potencia que se instalará: 27 MW.

Núm. de aeroxeradores que se van instalar: 6 ud.×4,5 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada: 85.002 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.148 horas.

Orzamento de execución material: 21.533.351,37 €.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Vilartoxo

A.D.E.

ADE I-9-1 Alto da Pedrida Santa Mariña

Concellos

Val do Dubra e A Baña

Parque eólico Vilartoxo

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

P1

523.719,00

4.759.820,00

A Baña

P2

526.876,00

4.759.820,00

Val do Dubra

P3

526.876,00

4.754.727,00

A Baña

P4

523.719,00

4.754.727,00

A Baña

Parque eólico Vilartoxo

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

VI01

526.127

4.755.180

A Baña

VI02

525.765

4.755.427

A Baña

VI03

525.796

4.756.246

A Baña

VI04

525.802

4.757.198

Val do Dubra

VI05

525.611

4.757.692

Val do Dubra

VI06

525.640

4.758.964

Val do Dubra

Parque eólico Vilartoxo

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TM

525.806

4.756.800

A Baña

Parque eólico Vilartoxo

Centro de seccionamento

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

C.S.

525.823

4.755.652

A Baña

Parque Eólico Vilartoxo

Vértices da envolvente C.S.

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

P1

525.830,09

4.755.631,50

A Baña

P2

525.812,73

4.755.633,09

P3

525.814,06

4.755.671,73

P4

525.814,57

4.755.671,69

P5

525.827,90

4.755.671,11

P6

525.833,06

4.755.671,10

P7

525.830,09

4.755.631,50

Características técnicas básicas das instalacións:

• Seis (6) aeroxeradores tripá, de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade variable e paso variable, altura ata a buxa de 127,5 m e un diámetro do rotor de 145 m.

• Seis (6) centros de transformación trifásicos montados no interior das góndolas dos aeroxeradores, potencia aparente unitaria 5.350 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha (1) torre meteorolóxica de 129,5 m de altura (127,5 m de altura da estrutura da torre máis 2,00 m de altura do pararraios).

• Un (1) centro de seccionamento formado por dous edificios prefabricados cun sistema de 30 kV, da seguinte maneira:

– Un edificio prefabricado de celas de media tensión, dedicado a albergar as celas de media tensión para a chegada das liñas de cada circuíto desde o parque eólico, transformador de servizos auxiliares e a saída de liña.

– O sistema de 30 KV responde ao esquema de simple barra e trátase dun conxunto de celas de 36 kV de illamento formado por:

* Tres (3) celas de posición de liña.

* Dous (2) celas tipo 1 (TI’s 200-400/5-5).

* Unha (1) cela tipo 2 (TI’s 300-600/5-5).

* Unha (1) cela do transformador de servizos auxiliares.

* Unha (1) cela de medida de tensión en barras.

* Un transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e relación de transformación 30/0,4 kV.

– Un edificio prefabricado de control, onde se localizarán os cadros de control, servizos auxiliares e proteccións correspondentes, xunto cos equipamentos de mando control e protección de 30 kV e os servizos comúns.

• O sistema colector de media tensión está formado por dous (2) circuítos de 30 kV en instalación subterránea e ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata o centro de seccionamento de 30 kV. O primeiro dos circuítos enlaza os aeroxeradores VI01 e VI02 co centro de seccionamento do parque, mentres que o segundo circuíto fai o oportuno cos restantes aeroxeradores.

• O tipo de cable utilizado para a rede colectora de media tensión será RHZ1-2OL H16 Cu 18/30 kV Al sen armadura, de diferentes seccións (95, 150, 240 e 400 mm2).

• A posta á terra da rede de media tensión está constituída por un cable de cobre nu, de sección mínima 50 mm2, tendido ao longo da canalización de media tensión e á mesma profundidade ca esta. O sistema de posta á terra será único para a totalidade do parque eólico.

• Pola mesma gabia das citadas liñas de media tensión instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica monomodo con 24 fibras de 9/125 μm, armado con fibra de vidro, e que se empregará para a monitorización e o control do parque eólico.

• O centro de control do parque instalarase na subestación do clúster (Troitomil), non incluído neste proxecto.

• Desde o centro de seccionamento, a enerxía evacuarase a través dunha liña aérea de 30 kV obxecto doutro proxecto (IN408A 2020/158), ata a subestación do clúster (SET Troitomil 30/132 kV, expediente IN408A 2017/24), onde se elevará a tensión para evacuar conxuntamente cos demais parques do clúster ata o punto de conexión á rede. As ditas instalacións son obxecto do proxecto independente.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xullo 2021-vsdo. 2.8.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (maio 2021-asdo. 30.7.2021).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) (novembro 2020_v2- vsdo. 2.8.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 62), así como nos concellos da Baña e Val do Dubra (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/vilartoxo

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 30 de agosto de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña