Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44291

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 26 de agosto de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Mediante a Orde desta consellería do 26 de xullo de 2021 (DOG núm. 150, do 6 de agosto) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 26 de xullo de 2021 (DOG núm. 150, do 6 de agosto) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: subdirector/a de Enfermaría.

Nome e apelidos: Diego Rivera Camba.

DNI (*): ***7021**.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.