Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44289

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2021/22 entre o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de educación.

De acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 14 de xuño) e o punto oitavo da Resolución do 16 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 28 de xuño), pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2021/22, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2021/22 que figuran no anexo desta resolución obtidos para o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de educación.

Segundo. Publicar esta resolución definitiva no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal

A adxudicación definitiva terá efectividade do día seguinte ao da súa publicación no dito portal da internet, sen prexuízo de que a toma de posesión se efectuará conforme o disposto no artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais.

Terceiro. O persoal adxudicatario dos destinos provisionais tomará posesión con efectividade dos efectos económicos e administrativos do día 1 de setembro de 2021, de conformidade co disposto no citado artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018.

Cuarto. Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2021

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos