Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 7 de setembro de 2021 Páx. 44288

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 20 de xuño de 2021.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo ao que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública