Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Mércores, 8 de setembro de 2021 Páx. 44394

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2021 pola que se dá publicidade dun encargo a medio propio realizado por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade dos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 13 de xullo de 2021, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), o apoio técnico e administrativo na tramitación das axudas do Inega, entre elas Renove de electrodomésticos e Bono enerxía peme, para o 2021 (3º cuadrimestre).

– Actividade: apoio técnico na tramitación das axudas do Plan Renove de electrodomésticos e Bono enerxía peme.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de setembro de 2021 ata o 17 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e seis mil douscentos oitenta e cinco euros con un céntimo (56.285,01 €), con cargo á aplicación orzamentaria 06 A3 733A 641.90 (código proxecto 201500006).

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia