Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44526

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2021 para a cobertura da praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS) en Lugo cuxa convocatoria se declarou deserta mediante a Resolución do 17 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 24 de agosto).

Convocada polo Anuncio do 3 de xuño de 2021 (DOG nº 109, do 10 de xuño) a cobertura, para vinculación temporal, de dúas prazas da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS), esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro).

Como consecuencia da Resolución do 17 de agosto de 2021, da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, pola que se resolve a convocatoria pública, para vinculación temporal, de dúas prazas da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade ADOS) (DOG nº 162, do 24 de agosto), quedou deserta a cobertura da praza ofertada en Lugo.

RESOLVE:

Primeiro. De conformidade coa base sétima da convocatoria, declárase como persoa aspirante adxudicataria para o nomeamento da praza ofertada en Lugo a Elva Huaman Munive.

A asignación da praza terá lugar o xoves 16 de setembro de 2021, ás 10.00 horas, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.

Segundo. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos