Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44528

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 2 de setembro de 2021 polo que se convoca para vinculación temporal a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade, na ADOS).

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e do número 1.2 do Pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG núm. 89, do 9 de maio), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, unha praza de médico xeral do CTG (integrado na actualidade na ADOS) que se relaciona na base primeira da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases presentaranse, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela, e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos