De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorporan como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021
María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios
ANEXO
Descrición |
Importe (euros) |
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia. |
2.727,50 |
Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia. |
9.909,00 |