Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 9 de setembro de 2021 Páx. 44519

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón ás consellerías e demais entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade nos meses de maio a agosto do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego
e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) nos meses de maio,
xuño, xullo e agosto do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para o mantemento dunha quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores, afectados/as por violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia

4.5.2021

80.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Fundación de Solidaridad Amaranta para o mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero

12.5.2021

252.000 €

Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade e a Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad para o mantemento de vivendas de transición para mulleres vítimas de violencia de xénero previas a un recurso de acollida, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero

12.5.2021

150.000 €

Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental «A Mariña» para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero

12.5.2021

140.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

12.5.2021

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

12.5.2021

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

12.5.2021

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero, e complementariamente a outras persoas do seu contorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar

19.5.2021

337.039 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Ourense, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata

19.5.2021

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata

19.5.2021

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Accem para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Aliad-Ultreia para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Cáritas Diocesana de Ourense para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Ecos do Sur para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Fundación de Solidaridad Amaranta para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación Faraxa pola abolición da prostitución para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Médicos do Mundo para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e HH. Oblatas para o desenvolvemento dun proxecto de atención de emerxencia a vítimas de trata de seres humanos e/ou de explotación sexual, derivada da crise sanitaria pola COVID-19, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

19.5.2021

7.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Concello de Ferrol para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello

21.5.2021

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o mantemento dun servizo de quenda de garda social especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia

3.6.2021

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Secretariado Xitano para o desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a comunidade xitana en Galicia, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero

28.7.2021

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Concello da Coruña para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello

29.7.2021

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para garantir unha atención integral ás mulleres xordas que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

29.7.2021

20.000 €