Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44876

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Unu, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de extinción.

En cumprimento do establecido no artigo 94.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar o 18 de agosto de 2021 se acordou, por unanimidade, a extinción de Unu, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación (CIF F27728849), co seguinte balance final de liquidación e proposta de distribución do activo, previamente censurados polo órgano de Intervención da cooperativa:

Balance final de liquidación:

– Tesouraría: 114,99 €.

– Resultado de exercicios anteriores: -95.824,79 €.

– Capital social: 95.939,78 €.

– Total activo: 114,99 €.

– Total pasivo: 114,99 €.

Proposta de distribución do activo:

– Non existen débedas sociais nin persoas acredoras.

– O importe correspondente a Tesouraría destinarase a facer fronte aos gastos que vai comportar a extinción da cooperativa.

Vigo, 19 de agosto de 2021

Sara Lago Castro
Liquidadora de Unu, Sociedade Cooperativa Galega