Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44875

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión de seis vacantes de académica/o de número.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión de seis vacantes de académica/o de número, unha na Sección de Pintura e Gravado, unha na Sección de Escultura, unha na Sección de Arquitectura, unha na Sección de Arqueoloxía e Museoloxía, unha na Sección de Expertos nas Artes e unha na Sección de Artes da Imaxe. Para ocupar cada unha destas prazas será elixida unha persoa que dese a coñecer os seus méritos artísticos, científicos e culturais.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións exixidas para aspirar a esta praza deberán acreditar os seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae e terán que ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 20 de agosto de 2021

Manuel Quintana Martelo
Presidente da Real Academia Galega de Belas Artes
de Nosa Señora do Rosario