Intentadas as notificacións que constan nos seguintes expedientes, na forma prevista nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen que fose posible efectualas por causas non imputables a esta administración, e en aplicación do previsto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal e no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos as referencias de expediente e referencias catastrais das parcelas afectadas, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección das vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, por incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables. Advírtese ao mesmo tempo de execución subsidiaria por conta dos interesados, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro das ordes de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
Expediente |
Interesado/a |
Polígono e parcela |
Referencia catastral |
GEST 1114/2021 URB 34/2021 |
En investigación Artigo 47 da Lei 33/2003 |
11, 403 |
36036A011004030000QW |
GEST 1114/2021 URB 34/2021 |
Agustín Pérez Martínez (enderezo descoñecico) |
11, 378 |
36036A011003780000QQ |
GEST 1114/2021 URB 34/2021 |
José Manuel Fernández Gil Samuel Fernández Gil (enderezo descoñecido) |
11, 341 |
36036A011003410000QW |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que, neste caso, coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 20 de agosto de 2021
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa