Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44873

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moeche

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo (condutor de vehículos e maquinaria-operario).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 158, do 20 de agosto de 2021, foron publicadas integramente as bases que van regular a convocatoria para prover, por concurso-oposición, unha praza de persoal laboral fixo: condutor de vehículos e maquinaria-operario, incluída na oferta de emprego público de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Moeche, 21 de agosto de 2021

Beatriz Bascoy Maceiras
Alcaldesa