Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese prácticar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo da solicitude de cita no teléfono 982 88 90 60, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Lugo, 24 de agosto de 2021
Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
– Expediente: IN407A 2017/3-0.
– Acto notificado: depósito do prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña colectora Ludrio eixe sur, tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro.
Interesado/s |
Trámite |
Hdos. María Antonia Gefúndez Cedrón Repr: Manuel Antonio Mirón Ferreiro |
Notificación depósito prezo xusto |
Pedro Trashorras Valiño |
Notificación depósito prezo xusto |
María Inés González Madarro |
Notificación depósito prezo xusto |
José López Veiga |
Notificación depósito prezo xusto |