De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e ao seren descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2021/182-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 48.
O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).
Pontevedra, 25 de agosto de 2021
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial
Anexo
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Concello |
1 |
Bouzas |
36005A058001860000TA |
Caldas de Reis |
2 |
Bouzas |
36005A058001850000TW |
Caldas de Reis |
3 |
Bouzas |
36005A058001840000TH |
Caldas de Reis |