Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44673

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 19 de maio de 2021 (código de procedemento PL500E).

A Orde do 19 de maio de 2021 (DOG núm. 103, do 3 de xuño), establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades de fóra de Galicia.

Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación e a certificación, remitidas ambas as dúas pola subdirectora xeral de Política Lingüística en cumprimento do establecido no artigo 16.2 da antedita orde, acompañadas da acta da Comisión de Valoración constituída ao abeiro do artigo 15.5 da referida orde e da resolución definitiva de admitidos e excluídos, este secretario xeral, en uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 19 de maio de 2021,

DISPÓN:

Artigo 1

Adxudicar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo.

Artigo 2

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO

Adxudicación das bolsas de formación

Destino

Apelidos e nome

NIF

Período

Universidade Complutense de Madrid (España)

García Vila, Clara

***1541**

Desde o 1.10.2021 ata o 30.9.2024

Universitè Sorbonne Nouvelle, París III (Francia)

Osorio López, Alba

***2184**

Desde o 1.10.2021 ata o 30.9.2024

Universidade Federal da Bahía (Brasil)

Fernández Souto, Raquel

***7977**

Desde o 1.1.2022 ata o 31.12.2024