Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 10 de setembro de 2021 Páx. 44675

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT207G).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia e o fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten a responsabilidade de promover e fomentar a cultura galega, tendo na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, das empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.

A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da actividade da axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Entre eses produtos, o audiovisual é un campo no que a Agadic vén traballando intensamente nos últimos anos, entendendo que é un dos eidos con máis potencial non só económico senón tamén como xerador dun valor engadido importante para a conservación, consolidación e difusión do acervo cultural galego e europeo.

A Axencia, no desenvolvemento do seu labor a prol do audiovisual, concorda co establecido na Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, na súa exposición de motivos, cando di que «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto coa súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, se acha presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

A nova liña de subvencións encádrase no proxecto Hub Audiovisual-Industria Cultural vinculado ao programa React da Unión Europea que promove a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, co que se pretende aumentar a capacidade competitiva das empresas culturais galegas e incentivar a creación de traballos sostibles que integren a totalidade da cadea de valor desta industria.

A Estratexia Europa 2020 (EE2020) fixa o marco xeral de actuación cara ao que deben enfocarse os esforzos da política de cohesión europea, que financian os fondos estruturais e de investimento europeos, entre eles o Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A EE2020 fixa tres modelos de crecemento e desenvolvemento, así como os criterios de intervención para logralos:

1. Desenvolvemento intelixente: favorecer unha economía fundamentada no coñecemento e na innovación.

2. Desenvolvemento sustentable: promoción dunha economía máis eficiente no uso dos recursos, máis ecolóxica e competitiva.

3. Desenvolvemento integrador: fomento dunha economía con altas taxas de emprego que permita avanzar na cohesión social territorial.

Neste contexto, a UE recomenda que a intervención dos fondos Feder no ámbito da cultura deben ir dirixidos ao apoio dos sectores culturais estreitamente ligados á innovación e á creatividade. Por iso, o impulso ás industrias culturais e creativas, co fin de desenvolver a competitividade para que contribúa ao emprego e ao crecemento, resulta tan importante e é onde o sector audiovisual xoga un papel destacado e especial.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas a proxectos audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega.

Con esta convocatoria de axudas preténdese dar un impulso á industria audiovisual galega, considerada como estratéxica para a Comunidade, que permita situar Galicia como destino idóneo de rodaxes a nivel nacional e internacional, o que proporcionará o desenvolvemento do potencial competitivo das empresas produtoras galegas como axentes de promoción e captación de rodaxes audiovisuais e a xeración de emprego no sector audiovisual galego, así como o seu efecto tractor sobre o resto dos subsectores da industria cultural e creativa galega.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiado ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no marco do eixe React-UE, e se procede á convocatoria do ano 2021 (código de procedemento CT207G).

Segundo establece o Regulamento UE 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior, segundo o artigo 107, número 3, do tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108 número 3 do tratado sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible na presente convocatoria. De conformidade co artigo 54 do regulamento, a fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais.

Na presente convocatoria defínense os requisitos para obter o certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España e a fórmula da declaración responsable para acreditar o seu cumprimento.

2. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.

3. Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos 2021 do ente.

4. Solicitudes.

4.1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá xunto cos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras.

4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

5. Prazo de duración do procedemento de concesión.

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia non competitiva, que non poderá ter unha duración superior aos catro meses contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude.

6. Información ás persoas interesadas.

6.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Da páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: https://agadic.gal.

b) Dos teléfonos 881 99 60 77 e 881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

6.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

6.3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

7. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

8. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras das axudas para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no marco do eixe React-UE (código de procedemento CT207G)

Artigo 1. Obxecto e réxime das axudas

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao amparo do programa Hub da Industria Creativa Galega para o ano 2021 e 2022 (código de procedemento CT207G).

2. Para os efectos das presentes bases, enténdese como proxecto o conxunto das accións e actividades relacionadas coa produción audiovisual que se realice en Galicia dentro do período subvencionable.

3. Estas subvencións serán tramitadas, e concedidas, en réxime de concorrencia non competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

4. As subvencións serán concedidas ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo procedemento abreviado e por orde cronolóxica, tendo en conta a data e hora de entrada no rexistro. A proposta de concesión formularase polo órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos para conceder a subvención, sen que sexa necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1 e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polo menos por unha das empresas que a integran no momento da súa constitución. A agrupación non poderá disolverse ata que teña rematado o prazo de prescrición para o reintegro e as infraccións previsto polos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas empresas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual ou dispoñan dun contrato en firme para asumir os servizos de produción en Galicia no momento de presentar a solicitude. En ambos os casos deberán designar como profesional responsable da produción executiva en Galicia a unha persoa con acreditada experiencia na dita función que teña o seu domicilio e/ou desenvolva a súa actividade habitual en Galicia.

3. Así mesmo, as entidades beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida no Regulamento (UE)  651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresas, pequenas e mediana empresas (DOUE-L-2014-81403), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Así, microempresa é a que ocupa menos de 10 persoas, cun volume de facturación e balance xeral anual menor ou igual a dous millóns de euros; pequena empresa é aquela empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non excede dos 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede dos 43 millóns de euros.

4. Coa finalidade de obter unha obra audiovisual que garanta unha alta calidade de produción, viabilidade económica e de realización e alto potencial de distribución internacional, establécese que a entidade solicitante ou a persoa responsable da produción executiva en Galicia cumpra, polo menos, dous dos requisitos adicionais seguintes:

4.1. Ter producido unha longametraxe cinematográfica estreada simultaneamente en salas comerciais nacionais cun mínimo de 40 copias e con distribución internacional nun mínimo de catro países.

4.2. Ter producido unha serie de ficción para TV ou plataforma dun mínimo de 210 minutos que teña sido emitida nun mínimo de catro países.

4.3. Ter realizado unha obra audiovisual (longametraxe cinematográfica ou serie dun mínimo de 210 minutos) en réxime de coprodución internacional.

5. En todo caso, a persoa designada para exercer a produción executiva en Galicia deberá contar con acreditada experiencia profesional no seu desempeño da mesma en función en obras audiovisuais de similares características ao proxecto que se presenta a esta convocatoria.

6. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

De acordo co artigo 1.4.c) do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en crise o 31 de decembro de 2019, circunstancia que será comprobada por Agadic.

7. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria.

8. Un mesmo beneficiario poderá acadar subvención por un máximo de dous proxectos ao abeiro desta convocatoria.

Artigo 3. Financiamento

1. As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 2.000.000 euros, para as anualidades 2021 e 2022, imputables á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001 da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa seguinte distribución: 800.000 para 2021 e 1.200.000 para 2022.

2. Estas subvencións terán carácter bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados, e pagados, entre a data de presentación da solicitude de axuda e o 1 de decembro de 2022. O período subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día seguinte á presentación da solicitude ata o 1 de decembro de 2022.

3. Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, de acordo coa orde de prelación de solicitudes establecida no artigo 1.4.

4. No caso de que os créditos fose ampliados, publicarase esta circunstancia nos mesmos medios que esa convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. No caso de existir solicitudes que non acadan o dereito á subvención por terse esgotado o orzamento dispoñible, pasarán a formar unha lista de agarda formada polas entidades solicitantes que poderán ser susceptible de recibir a axuda se se producira un incremento de crédito, ben por dispoñer de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta liña de axudas.

6. Estas axudas están financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no eixe React-UE (Obxectivo específico OE 20.1.3.2-OE React-UE 3.2) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

7. Os indicadores de produtividade relativos a esta convocatoria son o CO01 Número de empresas que reciben axudas, o CO02 Número de empresas que reciben subvencións e o CO05 Número de novas empresas beneficiarias da axuda. Así mesmo, o indicador de resultado é o R030a Taxa de supervivencia nacional/rexional de pemes no cuarto ano de vida.

Artigo 4. Intensidade das axudas, contías máximas e concorrencia

1. As porcentaxes máximas de axuda e contías máximas son as seguintes:

Gasto mínimo en Galicia (€)

Propiedade industrial (IP)

Tipo de produción

Intensidade da axuda

Contía máxima (€)

Longametraxes de ficción e animación

1.000.000

> 20 %

Produción/coprodución

20 %

350.000

< 20 %

Servizos de produción

10 %

300.000

Series de ficción

1.500.000

> 20 %

Produción/coprodución

20 %

350.000

< 20 %

Servizos de produción

10 %

300.000

2. Concorrencia de subvencións: seguindo os límites establecidos no artigo 54 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, estas subvencións son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto de calquera departamento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, mais son compatibles coas axudas doutras administracións públicas e entidades públicas, sempre que a intensidade de axuda non exceda o 50 % do importe subvencionable ou o 60 % no caso das producións transfronteirizas financiadas por máis dun Estado membro da Unión Europea e nas cales participen produtoras de máis dun Estado membro.

Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa distinto.

De conformidade co disposto no artigo 21.2 do Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, modificado polo Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, segundo as disposicións da Unión Europea nesta materia, exceptúanse da aplicación dos límites previstos no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión as producións que teñen a consideración de «obra difícil».

Para os efectos da presente convocatoria, considéranse os seguintes supostos como «obra difícil», para as cales se incrementará a intensidade das axudas que se especifican:

– As obras audiovisuais dirixidas por unha persoa que non teña dirixido ou codirixido máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica e cuxo orzamento de produción non supere 1.500.000 euros, que poderán recibir axudas públicas ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais rodadas integramente en galego poderán obter axudas públicas de ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais realizadas exclusivamente por directores ou directoras cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, recoñecido polo órgano competente, que poderán recibir axudas públicas de ata o 80 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais dirixidas exclusivamente por directoras, que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– Os documentais destinados á exhibición cinematográfica, que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– As obras de animación de orzamento de produción que non supere 2.500.000 euros, que poderán recibir axudas públicas de ata o 75 % do importe subvencionable.

– As obras audiovisuais realizadas en réxime de coprodución con países iberoamericanos, que poderán recibir axudas públicas de ata o 60 % do importe subvencionable.

Artigo 5. Proxectos subvencionables

Os proxectos audiovisuais subvencionables, ademais de estar orientados á recuperación do sector audiovisual galego e á consolidación desta industria, deberán axustarse aos seguintes requisitos:

1. Poderanse presentar proxectos que teñan como destino principal a exhibición cinematográfica comercial ou a emisión en canles de televisión ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda (VOD) con implantación xeográfica nacional e internacional e se poidan encadrar nas seguintes modalidades.

1.1. Longametraxes de ficción, animación que teñan un mínimo de 60 minutos de duración.

1.2. Series de ficción cunha duración mínima de experiencia do espectador de 150 minutos.

2. Serán elixibles aqueles proxectos que conten cun contrato en firme de vendas ou cesión de dereitos con empresas prestadoras de servizos de comunicación, audiovisual, vendas internacionais, dereitos de distribución ou outros que acrediten a difusión nacional e internacional da obra nun mínimo de catro países.

3. O proxecto deberá contar cun financiamento mínimo do 60 % sobre o custe total no momento de presentar a solicitude.

4. O orzamento de gasto en Galicia do proxecto deberá contemplar un importe mínimo de 1.000.000 € cando se trate dunha longametraxe de ficción ou animación e un importe mínimo de 1.500.000 € cando se trate dunha serie de ficción.

5. O proxecto deberá prever unha duración mínima de rodaxe efectiva, ou realización de traballos en estudos galegos no caso da animación, de quince días.

Artigo 6. Concepto de gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que se realicen en Galicia, que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto concedido en base á descrición do proxecto, a memoria técnica e na solicitude. Todo gasto non xustificado polo solicitante será eliminado do orzamento elixible do proxecto. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para el período 2014-2020 e a HAC/114/2021, do 5 de febreiro, que a modifica.

3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria. Deste xeito, considerarase gasto subvencionable o que foi executado e pagado dentro do prazo de execución indicado na resolución da axuda.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.

4. Co fin de cumprir co efecto incentivador do Regulamento (UE) 651/2014, os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de seres así, o proxecto na súa totalidade non sería subvencionable.

5. Para os efectos da presente convocatoria, considéranse gastos subvencionables todos os gastos derivados da realización en Galicia dos traballos de preprodución, produción e postprodución da obra audiovisual, que se correspondan coa prestación de bens e servizos subministrados por empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade económica maioritaria en Galicia, establecéndose os termos e límites que deseguido se especifican:

5.1. Guión e música. Consideraranse gastos subvencionables os derivados do custe de adquisición dos dereitos de autor e/ou as licenzas e autorizacións necesarias tanto no que atinxe ao guión como a música sempre que se trate de autores e intérpretes galegos/as. Así mesmo, terán a consideración de gastos subvencionables aqueles outros que están vinculados a estes, como diálogos adicionais, traducións, arranxos, dirección de orquestra, gravación, intérpretes, etc.

5.2. Persoal. Consideraranse gastos subvencionables os gastos de persoal que teñan subscrito un contrato específico, conforme a unha categoría laboral asignada para o proxecto subvencionado, prestados por profesionais que desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.

Neste punto inclúese, por unha banda o persoal artístico, entendendo por tal o elenco actoral tanto de protagonistas como de principais, secundarios, figuración, especialistas dobraxe, etc., e, por outra todo o persoal técnico: equipo de dirección, produción, fotografía, decoración, xastrería, maquillaxe, perrucaría, efectos especiais e efectos sonoros, equipo de son, montaxe, electricistas e maquinistas ou o persoal complementario tal como asistencia sanitaria, gardas, peóns, etc.

Poderase considerar custo subvencionable a remuneración da persoa produtora executiva ata un 5 % do orzamento subvencionable do proxecto presentado. Ademais, só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo doutros, ou de produción executiva. Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e a persoa produtora executiva, deberá acompañarse o contrato correspondente e a súa factura, se a relación é laboral, deberá achegarse, xunto ao contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da seguridade social.

5.3. Escenografía. Consideraranse gastos subvencionable os relativos á construción, montaxe e derruba de decorados xa sexa en interior ou exterior así como o seu alugueiro. Tamén todos os compoñentes da ambientación en escena, o vestiario e calquera outro servizo necesario para a posta en escena como animais, carruaxes, etc.

5.4. Estudos de rodaxe, sonorización e produción. Os gastos subvencionables deste capítulo fan referencia ao custo dos estudos de rodaxe, tales como alugueiro de estudios, rodaxe en exteriores, instalacións complementarias, estudos de animación así como os custos en servizos de montaxe e sonorización (salas de montaxe, proxección, dobraxe, efectos sonoros, gravación, mesturas, transcricións, etc.).

Tamén se consideran gastos subvencionables os relativos á produción como as copias do guión, fotocopias en rodaxe, alugueiro de camerinos, caravanas, almacéns, limpeza, gastos relacionados coas medidas sanitarias anti-COVID-19, e todos aqueles vinculados á produción necesarios para un correcto desenvolvemento da rodaxe.

5.5. Maquinaria de rodaxe e transportes. Serán gastos subvencionables aqueles relativos ao custo de alugueiro da maquinaria e elementos de rodaxe como cámaras, obxectivos especiais e complementarios, accesorios de rodaxe, material de iluminación, guindastres, plataformas elevadoras, grupos electróxenos, equipos de son, alugueiro de helicópteros, avións, drons, barcos, etc. así como outros medios de transporte utilizados para os desprazamentos da rodaxe: camións, autobuses, furgonetas, coches, etc.

5.6. Desprazamento, aloxamento e manutención. Terán a consideración de gastos subvencionables os producidos durante o período de rodaxe, localizacións para a rodaxe e período de posprodución. O custo de aloxamento e manutención non poderá superar o importe de 150 euros/día e os gastos desprazamento, cando sexa en vehículo particular calcularase a razón de 0,22 €/km.

5.7. Publicidade e promoción. Serán subvencionables os gastos de publicidade e promoción da obra efectuados pola empresa produtora, se a entidade beneficiaria da subvención posúe un 20 % dos dereitos de propiedade industrial da obra, cun límite do 10 % do importe subvencionable presentado na solicitude. Este concepto inclúe a elaboración do tráiler e o making off da produción audiovisual.

5.8. Informe de auditoría. Terán a consideración de subvencionables os gastos derivados do custo da elaboración do informe especial emitido por un auditor de contas relativo ao custo subvencionable do proxecto exixido no artigo 23 por un importe máximo de 3.000 euros.

5.9. Subministracións. Terán a consideración de gastos subvencionables os consumos en subministracións básicas realizadas durante o período de rodaxe tales como: auga, electricidade, gas, telefonía, mensaxería, etc.

5.10. Gastos xerais. Consideraranse subvencionables os gastos xerais, entendendo por tales aqueles que non poden vincularse directamente cunha operación determinada pero que son necesarios para a realización da actividade subvencionada. Estes custos indirectos poderán ser subvencionados en base aos custos reais nos que se incorran, acreditados coas facturas correspondentes, debendo ser asignados a pro rata segundo un método xusto e equitativo que deberá constar por escrito e presentarse xunto á documentación xustificativa. En ningún caso a porcentaxe subvencionada por este concepto superará o 7 % do importe xeral de gastos subvencionables.

Terán a consideración de gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Os gastos de persoal considerados dentro dos gastos xerais serán aqueles referidos aos gastos do cadro de persoal que non teñen un contrato laboral específico para o proxecto obxecto da subvención. O seu custo calcularase mediante un rateo en función da súa participación nel.

b) Gastos de desprazamentos, aloxamento e manutención fóra das datas de inicio e fin de rodaxe, días de localización e posprodución.

c) Gastos de dunha liña telefónica móbil durante os 3 meses anteriores ao inicio da rodaxe e o 3 meses posteriores ao seu fin.

d) Alugueiro da oficina así como o material de oficina.

5.11. Gastos financeiros. Son subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución dela.

6. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os intereses debedores de contas bancarias, os intereses, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. En concreto, non serán computados como gasto subvencionable:

a) O importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos de carácter recuperable.

b) Os gastos suntuarios, entendéndose por tales aqueles que non achegan valor ao proxecto, as gratificacións, as previsións de gastos, excepto os intereses dos préstamos, as valoracións e as capitalizacións.

c) Os gastos superiores a 40.000 euros, no caso de longametraxes, e superiores a 2.000 euros no caso de curtametraxes, facturados por cada empresa vinculada á empresa produtora.

Os gastos iguais ou inferiores aos ditos importes facturados por empresas vinculadas serán computados como custo sempre que se realicen de acordo coas condicións normais de mercado, o que se xustificará mediante a presentación de tres ofertas, salvo que polas especiais características do gasto non exista no mercado suficiente número de entidades que presten o servizo ou subministren o ben de que se trate. En todo caso, a facturación por parte das empresas vinculadas só será computado como gasto subvencionable previa autorización da Agadic.

Non poderán fraccionarse os gastos correspondentes a unha mesma prestación ou servizo en diferentes facturas, nin realizarse sucesivos contratos con obxectos similares coa finalidade de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento do establecido neste punto.

Considerarase que existe vinculación nos supostos previstos no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para os efectos do establecido nesta letra, o informe de auditoría que presente a empresa produtora da película xunto á solicitude de pagamento deberá incluír unha relación detallada de todas as empresas vinculadas a ela.

d) A facturación realizada entre as empresas coprodutoras da obra audiovisual.

7. Para os efectos desta convocatoria, non serán subvencionables:

a) Os gastos en servizos relacionados coa xestión empresarial por parte dos produtores ou coprodutores.

b) Os gastos relativos aos servizos de representación e protocolo.

c) Os gastos en asistencia xurídica ou de consultoría en calquera materia, agás o informe de auditoría esixido nestas bases.

d) Os gastos derivados da compra de activos fixos, propiedade ou dispositivos electrónicos de consumo nin outros gastos que supoñan un incremento patrimonial do beneficiario.

Artigo 7. Subcontratación

1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con outros produtores a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social do produtor co que se pretenda contratar a actividade.

2. Non se considera subcontratación a contratación de calquera actividade ou servizos de produción con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social non se inclúa a produción cinematográfica.

3. No caso de producións de imaxe real, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 40 por cen do custo subvencionable da película, sempre que as actividades e servizos sexan subcontratadas con máis dunha empresa e sen que, en ningún caso, podan incluírse facturas relativas a gastos de persoal.

4. Non se admitirá a subcontratación de persoal, excepto dos equipos de figuración e especialistas.

5. No caso de producións de animación, admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 50 % do total subvencionable.

6. En ningún caso poderá concertarse polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos comprendidos non artigo 27.7 da Lei 9/2007.

Artigo 8. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 9. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. Deberá achegarse xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

– Documentación administrativa:

1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a firme e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Documentación acreditativa que de a persoa solicitante é propietaria dun mínimo do 20 % dos dereitos de propiedade da obra, de ser o caso.

1.5. Contrato para realizar os servizos de produción en Galicia da obra, de ser o caso.

1.6. Copia da documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles, no caso de que a entidade solicitante sexa coprodutora da obra.

1.7. As seguintes declaracións responsables recollidas no anexo II:

1.7.1. Declaración de que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) ao concorrer como mínimo dous dos requisitos que se relacionan:

a) Que teña como versión orixinal calquera das linguas oficiais en España. No caso das coproducións con empresas estranxeiras, a longametraxe poderá ter como versión orixinal algunha das linguas oficiais da Unión Europea.

b) Que o contido estea ambientado principalmente en España.

c) Que o contido teña relación directa coa literatura, a música, a danza, a arquitectura, a pintura, a escultura, e en xeral coas expresións da creación artística.

d) Que o guión sexa adaptación dunha obra literaria preexistente.

e) Que o contido teña carácter biográfico, ou en xeral reflicta feitos ou personaxes de carácter histórico, sen prexuízo das adaptacións libres propias dun guión cinematográfico.

f) Que o contido inclúa principalmente relatos, feitos ou personaxes mitolóxicos ou lendarios que poidan considerarse integrados en calquera patrimonio ou tradición cultural do mundo.

g) Que emita un mellor coñecemento da diversidade cultural, social, relixiosa, étnica, filosófica ou antropolóxica.

h) Que o contido estea relacionado con asuntos ou temáticas que forman parte da realidade social, cultural ou política española, ou con incidencia sobre eles.

i) Que no relato cinematográfico, un dos protagonistas ou varios dos personaxes secundarios estean directamente vinculados con esa mesma realidade social, cultural ou política española.

j) Que se dirixa especificamente a un público infantil ou xuvenil e conteña valores acordes cos principios e fins da educación recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a norma que no seu caso a substitúa, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

1.7.2. Declaración de que a entidade solicitante ou, de ser o caso, as empresas que integran a entidade xurídica solicitante, cumpren cos requisitos de produtor independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

1.7.3. Que a entidade solicitante é titular dos dereitos de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, de ser o caso.

1.7.4. Que a entidade solicitante ten asinado un contrato en firme para realizar a totalidade dos servizos de produción da obra que se desenvolvan en Galicia, de ser o caso.

1.7.5. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

1.7.6. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

1.7.7. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

1.7.8. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1.7.9. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

1.7.10. Declaración responsable de que realizará en Galicia as actividades para as que se solicita a axuda, e contratará bens e servizos prestados por empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade maioritaria en Galicia.

1.7.11. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) 651/2014 sobre empresas vinculadas.

1.7.12. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

1.7.13. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

1.7.14. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

1.7.15. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

1.7.16. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

1.7.17. Declaración responsable de non consideración de empresa en crise antes do 31 de decembro de 2019 nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior. Non obstante, a Axencia Galega das Industrias Culturais utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

1.7.18. Declaración responsable de que o proxecto non se iniciou antes da presentación da solicitude de axuda.

1.7.19. Declaración responsable de ser peme.

– Documentación técnica.

1.8. Documentación relativa á empresa na cal deberá constar:

1.8.1. Historial creativo e profesional da empresa produtora, máximo 10 páxinas.

1.8.2. Segundo se trate da modalidade de cine ou televisión, informe do axente ou da compañía de vendas que acredite a traxectoria de obras anteriores realizadas no mesmo formato do proxecto presentado, que conteña os países en que se comercializaron as obras, o destino final da comercialización, a selección en festivais internacionais e outros datos que poidan achegar información relevante sobre a traxectoria neste ámbito. O informe deberá xuntarse ao historial do profesional ou da empresa que o emita.

1.8.3. Segundo se trate da modalidade de cine ou televisión, informe da empresa distribuidora, canle de TV/operadora ou institución pública, que acredite a distribución para a exhibición e/ou emisión nacional de obras anteriores realizadas no mesmo formato do proxecto presentado.

1.8.4. Segundo se trate da modalidade de cine ou televisión, recoñecementos oficiais de coprodución e de nacionalidade de longametraxes realizadas con anterioridade, ou certificación das canles de televisión ou plataformas VOD participantes na obra que acredite o seu carácter de coprodución internacional.

1.9. Orzamento de gastos do proxecto, realizado en Galicia, desagregado por concepto de gasto, con IVE e sen IVE, coa suma das partidas de conformidade co establecido no artigo 6 punto 5 das presentes bases (anexo III).

1.10. Cronograma da produción en Galicia en que se relacionen as zonas xeográficas onde se realizará a obra audiovisual e se especifiquen as localizacións galegas, os días de rodaxe/utilización de estudos de animación en Galicia e a súa porcentaxe con respecto á totalidade da rodaxe ou á utilización de estudos de animación da obra audiovisual.

1.11. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou tales documentos que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante a consulta nas plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da persoa xurídica solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 15. Instrución do procedemento

1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado no cal a proposta provisional de resolución será efectuada pola Dirección da Axencia, que elevará á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro.

2. Ao se tratar dunha convocatoria aberta na cal se dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, unha vez esgotado o crédito da partida orzamentaria asignada, inadmitiranse as posteriores solicitudes e publicarase esa circunstancia no DOG e na páxina web da Agadic. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

3. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos que se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e a documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

4. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta provisional de resolución, e poderalle requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

5. En todo caso, non se admitirán a trámite e ditarase a resolución de inadmisión e arquivamento das solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido no artigo 9.

Artigo 16. Resolución e notificación

1. Concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor, en vista do expediente, elevará a proposta de resolución definitiva á Presidencia da Agadic para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada e na cal se indicará o importe de subvención proposto para a súa concesión.

2. O presidente do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

3. As resolucións expresarán, cando menos:

a) A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación dese importe por anualidades.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada beneficiario un documento no cal deberán figurar, como mínimo, a identificación do beneficiario, a contía da subvención e as obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

5. A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión da operación e dos seus datos na listaxe de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro (RDC), e de acordo cos requisitos previstos no anexo XII do devandito regulamento, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda https://www.dgfc.sepg.hacienda.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFeder1420/porFeder/Paginas/inicio.aspx

6. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

7. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de catro meses, contados a partir do día seguinte ao da presentación das solicitudes. De non mediar resolución expresa nese prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

8. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, a notificación individual de concesión da axuda poderase xuntar tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://www.agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión, e deben obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, a determinación do beneficiario, nin que dea dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non afecten custos de persoal, que non se supere o límite do 7 % para os gastos xerais e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. O beneficiario deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos no que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándoselle ao interesado.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzamentada sempre respectando as limitacións establecidas no artigo 35.5 do Decreto 11/2009.

Artigo 18. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 19. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, se o acto fose expreso ou desde o día seguinte a aquel en que se tivera producido o acto presunto. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non fose expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 20. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o regulamento (UE) 1303/2013 e ao Regulamento (UE) 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

h) Desenvolver as actividades financiadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

j) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e os principais avances. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia e a frase «Axencia Galega das Industrias Culturais» así como financiado con cargo aos Fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán a disposición na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (https://www.agadic.gal), na súa epígrafe de axudas.

k) Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1303/2013, o beneficiario deberá, durante a realización da operación:

1. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao Fondo Feder e unha mención a que a operación está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa».

2. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición na páxina web da entidade beneficiaria, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión. Cando se mencione o Fondo Feder completarase cunha referencia relativa a que se financia como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

3. O beneficiario deberá colocar, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3) nun lugar visible para o público, por exemplo na entrada dun edificio, indicando o obxectivo da operación e de acordo coas características que se facilitarán por Agadic.

l) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución.

m) Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

O órgano concedente informará ao beneficiario da data de inicio á que se refire esta obriga.

n) As entidades beneficiarias deberán:

1. Comunicar á Agadic, con polo menos 15 días de antelación, as datas efectivas de inicio e fin da rodaxe ou gravación da produción subvencionada, que deberán estar comprendidas dentro do período subvencionable, así como todos os cambios que se produzan na planificación das mesmas.

2. Incorporar á produción un mínimo de tres alumnos ou graduados nos tres últimos anos en centros de estudos audiovisuais, regrados ou universitarios, en réxime de prácticas ou contratados laboralmente nas áreas da produción audiovisual: dirección, son, fotografía, produción, posprodución ou dirección artística. Deberá remitirse copia da documentación acreditativa dos contratos ou das prácticas coa xustificación da subvención.

3. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais, Xunta de Galicia», utilizando as súa marcas principais (https://www.agadic.gal/identidade; https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal). O cartón deberá incluír ademais a referencia ao financiamento con fondos Feder. Así mesmo, en todos os materiais de promoción, distribución e publicidade da obra (carteis, músicas, portadas ou outros materiais), farase constar que a produción foi subvencionada polo Feder e pola Xunta de Galicia, utilizando igualmente a marca principal.

4. Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia e polo Feder. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do beneficiario da subvención.

5. Entregar na Agadic o seguinte material xustificativo:

5.1. Se a película está gravada en dixital achegarase unha copia no soporte de máis alta calidade, preferiblemente DCP, que cumpra a normativa DCI e non teña KDM (e dicir, en aberto). A copia depositada en cumprimento desta obrigación non poderá ser retirada nin transferida para o depósito noutras institucións para o cumprimento doutras obrigacións de depósito que aquelas puideren impoñer.

5.2. Un arquivo dixital (Codec h264 ou compatible, que se poida visionar nun ordenador), xunto coa documentación xustificativa da subvención.

6. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, os beneficiarios estarán obrigados a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, músicas, portadas, tráilers e outros materiais) para actividades de promoción do audiovisual galego.

Artigo 21. Pagamento e xustificación

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dos formularios establecidos para o efecto (anexos IV e V).

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagos á conta para o que se estará ao establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para a realización dos pagos á conta ou dos pagos anticipados deberá constituírse unha garantía do 110 % do importe das cantidades anticipadas ou aboadas á conta, na forma establecida no artigo 67.3 do citado Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

3. Pagamentos anticipados.

As entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención poderán solicitar un anticipo do 50 % da subvención concedida, en virtude do disposto no artigo 63 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada por Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

4. Pagamentos á conta.

Poderanse realizar pagamentos á conta ata un 50 % da subvención concedida respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e previa xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. Só serán computados para efectos de xustificación os gastos que foran efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinatario á empresa produtora e cuxo expedidor quede identificado nelas, así como mediante nóminas que estean emitidas pola empresa produtora. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse facturas ou documentos xustificativos orixinais, acompañados da documentación acreditativa do pagamento, en concreto os extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos polo beneficiario.

6. Os prazos para a xustificación son os seguintes:

– Primeira anualidade: desde a resolución definitiva de concesión ata o 31 de decembro de 2021.

– Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 1 de decembro de 2022.

7. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. Se a xustificación fose inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumprise o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

8. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, caso de habelas, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 22. Informe de auditoría e conta xustificativa

1. Con carácter xeral, deberase acreditar o custo final da totalidade dos gastos derivados dos traballos de preprodución, produción e posprodución da obra audiovisual realizados en Galicia mediante unha conta xustificativa acompañada dun informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas. O auditor de contas levará a cabo a revisión do grao de gasto correspondente a traballos efectuados por persoas físicas ou xurídicas domiciliadas ou con sede permanente en Galicia, así como a revisión do gasto subvencionable, de acordo co establecido nas presentes bases, e de acordo coas normas de procedemento previstas na Orden EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, unha vez estudados os rexistros contables da empresa produtora debidamente dilixenciados.

O devandito informe deberá conter a descrición do alcance do traballo realizado, referencia aos procedementos efectuados ou descrición destes nun anexo, conclusión do auditor indicando que o estado de custos da película preparouse segundo o establecido nesta resolución, nome do auditor, sinatura e data.

Sen prexuízo do anterior, a Agadic, no exercicio das súas facultades de comprobación, e dentro do período que ten a Administración para recoñecer ou liquidar un reintegro de subvencións para cuxa concesión se tivo en conta o custo, poderá solicitar a documentación xustificativa ou incluso unha nova auditoría a efectuar por un auditor designado pola Agadic e ao seu cargo.

2. Na realización do informe de auditoría deberá facerse indicación específica das seguintes cuestións:

a) No que se refire aos custos de persoal, a análise dos conceptos deberá comprender a totalidade dos gastos que deban ser cubertos de conformidade coa lexislación vixente, comprobando, en especial:

1º. Contratos laborais formalizados pola empresa produtora cos autores, actores e outros artistas, persoal creativo e demais persoal técnico nos que se reflictan os salarios, así como os documentos onde consten as horas extraordinarias e outros conceptos retributivos salariais e extra salariais, de conformidade coa normativa laboral aplicable, e a retribución que no seu caso correspondese, así como as nóminas referentes aos devanditos contratos e os documentos acreditativos da identidade das persoas a que se refiren. As dietas unicamente se recoñecerán como custo de persoal cando sexan incluídas na nómina.

2º. Contratos mercantís formalizados entre a empresa produtora e o persoal autónomo, incluíndo no seu caso o produtor executivo, ou aqueles en os que se fundamente a participación na película de autores, actores ou outros artistas, así como as facturas relativas a tales contratos.

3º. Contratos relativos á adquisición dos dereitos que sexan necesarios para a realización da película, así como as facturas relativas aos devanditos contratos.

b) Situación relativa ao pagamento de todas as partidas que compoñen o custo subvencionable, con indicación expresa de que os custos que se consideran subvencionables foron efectivamente pagados pola/s empresa/s produtora aos acredores.

c) Situación relativa á presentación da declaración das facturas ante a Facenda Pública, nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Coincidencias ou contradicións entre as bases declaradas en materia de impostos e Seguridade Social e as rexistradas contablemente.

e) Liquidación e pagamento de tributos xerados durante o tempo de rodaxe, detallando o importe bruto das cantidades derivadas dos contratos sobre as que non se practicaron retencións, así como o motivo de tales circunstancias.

f) Situación relativa ás pólizas de préstamo para a realización da película, con indicación de se os intereses corresponden ao tipo pactado e ao período de vixencia da póliza. Así mesmo, cumprimento dos requisitos establecidos para os prestamos formalizados con persoas físicas ou xurídicas distintas das anteriores.

g) Indicación das subvencións percibidas e das achegas realizadas por calquera Administración, entidade ou empresa de titularidade pública, así como das efectuadas en concepto de coprodutor ou de produtor asociado, ou a través de calquera outra achega financeira, por sociedades prestadoras de servizo de radiodifusión ou emisión televisiva, para o proxecto subvencionado, con indicación expresa do cumprimento dos límites máximos de subvencións.

h) Indicación das partidas facturadas mediante subcontratación por empresas alleas ou vinculadas á empresa produtora da película, con especificación do cumprimento dos requisitos sinalados na base anterior, así como a relación de empresas subcontratistas.

i) Especificación do cumprimento do sinalado nas bases 6.6 e 6.7, en relación coas partidas non subvencionables.

3. Nos casos en que o beneficiario estea obrigado a auditar as súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 19/1988, do 12 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor. Noutro caso, a designación de auditor será realizada polo beneficiario. O beneficiario estará obrigado a poñer a disposición do auditor de contas cantos libros, rexistros e documentos lle sexan exixibles en aplicación do disposto na letra f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, así como a conservalos ao obxecto das actuacións de comprobación e control previstas na lei.

4. Ademais do informe de auditoría, o beneficiario entregará unha conta xustificativa que deberá incluír a declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. Deberase acreditar, así mesmo, na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas da base vixésima.

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica abreviada, xustificativa do custo das actividades realizadas, que incluirá unha relación clasificada dos gastos e inversións de actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Así mesmo, indicará as desviacións producidas nos conceptos de gasto en relación ao orzamento presentado na solicitude e no que se basea a concesión da subvención. Esta memoria económica, incluirá unha separata cun informe co gasto efectivamente realizado en Galicia.

c) O beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo V).

d) Os tres orzamentos que deba ter solicitado o beneficiario, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, que establece que cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivera realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

Artigo 23. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento do beneficiario da súa obriga de estar ao día das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese aboado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 24. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou a concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 25. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto con respecto ao gasto que se vai realizar en Galicia.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de efectuar ou efectuado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Se se incumprise a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

b) Se se incumprisen as tarefas, os compromisos, os obxectivos ou as condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar na fase de xustificación (deberes de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 26. Procedemento de reintegro

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 24 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas e comunicaráselle ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro porá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 27. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro anos.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no punto 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No suposto de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario ou da entidade colaboradora durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos devanditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario ou da entidade colaboradora conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 28. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderalles realizar en calquera momento aos beneficiarios as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o desenvolvemento correcto das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou o desvío dos obxectivos, proporase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente os beneficiarios a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e os resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión do programa operativo Feder, así como ás verificacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 29. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións, e supletoriamente a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

1.5. Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema; Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, e Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, que modifica o anterior.

2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

2.1. Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello.

2.2. Regulamento (UE) 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1080/2006.

2.3. Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.4. Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.5. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro.

2.6. Regulamento (UE) 2020/460, do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013 e (UE) 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote da COVID-19 (iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

2.7. Regulamento (UE) 2020/558, do Parlamento e do Consello, do 23 de abril, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1301/2013 e (UE) 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao brote da COVID-19.

2.8. Regulamento (UE) 2020/2221, que establece as normas e disposicións de execución referentes aos recursos adicionais achegados en calidade de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (React-UE), co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

2.9. Regulamento UE 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado e se regulan os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións e o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais.

Artigo 30. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, do beneficiario, crédito orzamentario, da contía e finalidade da subvención.

Artigo 31. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá pór tales feitos en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto:

https://www.conselleriadefacenda.eswww.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file