Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2021 Páx. 45120

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT402B).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 175, do venres 10 de setembro de 2021, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 44772, onde di: «Ter remitido as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020 ao Consello de Contas», debe dicir: «Ter remitido as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2019 ao Consello de Contas».

Na páxina 44773, onde di: «O orzamento total da solicitude é o resultado da suma dos orzamentos parciais das liñas solicitadas que o integran, incluído o imposto sobre o valor engadido, que non poderá exceder os 25.000 euros por concello no caso da liña I e de 10.000 euros por concello no caso da liña II.», debe dicir: «O orzamento total da solicitude é o resultado da suma dos orzamentos parciais das liñas solicitadas que o integran, incluído o imposto sobre o valor engadido.».

Esta corrección de erros non altera o prazo de presentación de solicitudes de conformidade co previsto na Resolución do 3 de setembro de 2021.