Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2021 Páx. 45247

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de notificación de expediente de orde de xestión da biomasa.

José Pardo Lombao, alcalde do Concello de Outeiro de Rei (Lugo), no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expoño:

Intentada infrutuosamente a notificación da orde de xestión da biomasa vexetal e inicio de expediente sancionador, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio comunícanse as siguintes ordes de xestión de biomasa vexetal que deberán levarse a puro e debido efecto o prazo de quince días contados desde a data da presente publicación:

Nome e apelidos

DNI

Parcela

Fernado del Barrio Carrillo e Ruth Cañamero Santos

3085312PH1638N0001QF

Jesús Carrillo Bernal

1193xxxx

3085313PH1638N0001PF

3085314PH1638N0001LF

Jane Unsworth Nicola

X0530xxxx

3085316PH1638N0001FF

Emilio Labandeira Abad e María Sandra Labandeira Abad

3085317PH1638N0001MF

José Rodríguez Barrio e María Socorro Alonso Alonso

50273xxxx

3085322PH1638N0001KF

Alberto Flores Aguiar

33539xxxx

3085326PH1638N0001IF

Emérita Peláez Fernández e José Vázquez Sánchez

33805xxxx

3085328PH1638N0001EF

José Manuel Río Maciñeira e Nieves Pombo Rubio

3085329PH1638N0001SF

Mónica Legaspi Díaz

3085331PH1638N0001EF

3085332PH1638N0001SF

Fernando Campos Arias e Teresa González Roca

3085336PH1638N0001WF

Nas ditas parcelas deberán realizarse os labores de xestión da biomasa vexetal de forma tal que cumpra as exixencias contidas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

A concreción deste deber de salubridade e seguridade e, precisamente, o regulado no artigo 21 da Lei 3/2007, ben que a emenda no artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, implica a habilitación normativa da potestade sancionadora ao Concello de Outeiro de Rei.

O artigo 51.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia tipifica o incumprimento do deber de xestión como infracción leve.

De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, as infraccións leves sancionaranse con multas de 100 a 1.000 euros.

Atendendo á especial incidencia sobre a integridade e salubridade das persoas e dos bens do risco de lume dentro do solo urbano, proponse aplicar a sanción no seu grao medio, é dicir, proponse a imposición dunha sanción de 500 euros.

Así mesmo, mándase a cada un dos interesados unha liquidación tributaria de 100 euros en concepto de taxa por realización de actuacións de xestión da biomasa.

O pagamento da cuota tributaria deberá realizarse mediante transferencia bancaria á seguinte conta de titularidade municipal: ES7330700009911137627426.

O pagamento da débeda tributaria deberá facerse nos seguintes prazos: se a notificación da presente liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Se a notificación da presente liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte. O importe da débeda tributaria non é susceptible de aprazamento ou fraccionamento.

O presente acto administrativo pon fin á vía administrativa e poderá ser recorrido potestativamente en reposición ante o alcalde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da práctica da presente notificación, ou ben recorrelo directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da práctica da presente notificación.

A liquidación tributaria pon fin á vía administrativa e poderá ser recorrida ante a Alcaldía mediante a interposición do recurso de reposición previo ao acceso á vía xurisdicional contencioso-administrativa, regulado no artigo 14.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo. O prazo para a interposición do recurso será dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación expresa da presente liquidación.

O pagamento voluntario da sanción en calquera momento anterior á resolución implicará o remate do procedemento e comportará unha redución do 20 % sobre o importe da sanción proposta, condicionada ao desistimento ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Outeiro de Rei, 20 de agosto de 2021

José Pardo Lombao
Alcalde