De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 e co artigo 41 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos (BOE do 31 de marzo), sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os Servizos Centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1, 5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2021
Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
Expediente: 15R001-R-AVF-214-2021, 15R001-R-AVF-255-2021.
Interesada: Confecciones Sunplus, S.L.
CIF: B93608487.
Acto notificado: requirimento da Inspección de Consumo.