De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que sirva de notificación á persoa interesada, para o cal se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están ao seu dispor na rúa Cimadevila, 1, Barbadás.
– Acto a notificar: orde de execución (expediente 2594/2021).
– Interesado: en investigación.
– Prazo: 10 días hábiles.
Barbadás, 4 de agosto de 2021
Xosé Carlos Valcarcel Doval
Alcalde